O BNG inicia en Xinzo de Limia a campaña contra a estafa da tarifa eléctrica.
Iago Tabarés “o éxito de participación da cidadanía en Xinzo pon de manifesto que a cidadanía aposta por unha tarifa eléctrica galega, para que as nosas potencialidades repercutan na cidadanía e no tecido produtivo e non só no oligopolio eléctrico”
Iago Tabarés “O prezo da luz é unha estafa, especialmente nun país como Galiza que é produtor de enerxía eléctrica. Por iso o BNG está en Xinzo de Limia recollendo sinaturas contra o tarifazo eléctrico aprobado polo Goberno español e exiximos un cambio de modelo que beneficie a xente dos territorios excedentarios de enerxía”
O deputado do BNG, Iago Tabarés participou no inicio da campaña do BNG de recollida de sinaturas en Xinzo de Limia a favor dunha tarifa eléctrica galega, xunto ao voceiro do BNG de Xinzo, Ramiro Rodríguez, o responsable local do BNG, Carlos Pérez e militantes do BNG e Galiza Nova da localidade, nunha xornada na que se evidenciou a masiva sensibilidade da veciñanza de cara as proposta do BNG.
Iago Tabarés, deputado do BNG sinalaba que “Galiza é rica en electricidade pero non se beneficia desa riqueza, ao contrario, familias e PEMES pagan cada vez máis pola factura da luz e iso pese a soportar os custes ambientais e sociais”
Cumpre baixar o IVE da electricidade ao 4%, sinala Tabarés, suprimir o Imposto Especial do 5%, impedir que repercuta na factura o Imposto de produción do 7%, e ademais suprimir os cargos e peaxes que non teñen relación co consumo.
Tabarés puxo de manifesto que a parte de dunha baixada de impostos , é preciso unha tarificación xusta que cobre o que vale a luz e non o que as empresas deciden para incrementar os seus beneficios e poboación de Galiza merece vantaxes comparativas respecto ao Estado español, e isto é o que a cidadanía está demandando tamén no noso concello .
A enerxía é ben básico e cumpre ir a un cambio de modelo, ir a unha factura eléctrica galega, un modelo no que os territorios que son excedentarios en enerxía, como Galiza, se vexan beneficiados de xeito que a súas xentes melloren a súa calidade de vida ao igual que o seu tecido produtivo. Un modelo que xa existe en Finlandia, Suecia, Alemaña ou Reino Unido.