A iniciativa nacionalista de crear un banco municipal de libros tópase co rexeitamento de PSOE e PP
Ourense non contará cun banco municipal de libros porque a corporación municipal non apoiou a proposta nacionalista que pedía que o Concello coordinara a recollida e entrega de libros de texto para darllle valor ao colectivo e potenciar a solidariedade social o que permitiría que moitas familias, sobor de todo aquelas que viven en situación de emerxencia, puideran ter un respiro no inicio do curso escolar.
Os argumentos esgrimidos polo PSOE e o PP son incertos ao basearse no feito de que os bancos de libros xa os xestionan as ANPAS en todos os centros da cidade. Anque sí existen experiencias a este respecto, son moitas as escolas e institutos que non contan con este importante servizo de aí a iniciativa do BNG de que tamén a Concellaría de Educación fixera unha campaña de sensibilización para que se reutilizasen os libros e coordinara a súa recollida e posterior entrega para beneficiar a todas as alumnas e alumnos de Ourense, en definitiva, que todas as alumnas e alumnos tiveran as mesmas oportunidades independentemente do centro no que cursan os seus estudos.
É curioso que tanto o PSOE como o PP manifestaran estar a favor dos bancos de libros e aínda así votasen en contra, os socialistas porque a moción non vai ao fondo do asunto -lembraba Ana Garrido o sistema de préstamo do goberno bipartito- e os populares anarbolando o respecto á autonomía dos centros educativos.
O BNG seguirá insistindo nas súas propostas a favor dun ensino público de calidade para garantir a igualdade de oportunidades e o acceso universal a todos os servizos educativos, que tamén inclue os libros de texto, convertidos en mercadoría, como ben explicaba a concelleira Ximena González no pleno do pasado venres.