O PSOE axeónllase ante a igrexa e rexeita a proposta do BNG para axudar ás familias ourensás
O goberno local sacou adiante a modificación de crédito de 8,6 millóns de euros grazas ao apoio do PP que se erixiu en salvador da cidade.
Na emenda presentada polo BNG, recollíase que os 100.000 destinados á rehabilitación da capela dos Remedios se adicaran aos afectados polos desafiuzamentos, á compra de libros para familias con menos recursos, comedores escolares e actividades lúdicas e culturais. O portavoz do BNG díxolle ao alcalde que tiña que decidir si estaba coa igrexa ou coas familias necesitadas. Quedou claro do lado do que está o PSOE que lle agradeceu aos populares o seu apoio.
En canto á modificación de crédito de 305.000 para construír unha piscina infantil en Oira e reparar as humidades da piscina do Pavillón, o BNG tamén votou en contra. Argumentaron os nacionalistas que facer reformas en Oira é tirar cos cartos dado que as instalacións asoláganse todos os anos e hai que reparalas polo que a solución pasa por mudar o seu emprazamento tal e como tiña proxectado o BNG cando asumira responsabilidades na área de Deportes. Asemade, o anterior concelleiro de Deportes, Fernando Varela, acadara un remanente de 1,5 millóns de para iniciar a consstrucción do polideportivo de Mariñamansa e o que fai agora o PSOE é gastar eses cartos en parchear instalacións obsoletas.
Esta modificación de crédito tamén saiu adiante coa abstención do PP.
O BNG votou a favor da creación dunha comisión de investigación do servizo de axuda no fogar proposta polo PP. Explicamos que anque estas comisións son meramente informativas, de revisión de expedientes e procedementos. O voto favor acordóuse en aras á transparencia dos servizos públicos e na posibilidade de resolver posíbeis disfuncións.
Foi aprobada por unanimidade a moción do BNG na que se pedía que as achegas económicas do Concello ás entidades de carácter social se fixeran por concorrencia competiva, estabelecendo unhos criterios obxectivos que desterraran as asignacións nominativas que non son máis que unha venda de prebendas coas que mercadean os que as conceden.
Na moción do PP pedindo que se cumpla a lexislación e que se presenten os orzamentos 2014 antes do 15 de outubro, os nacionalistas votaron a favor recriminándolle ao PP as palabras están de coña cando os nacionalistas pediron no pleno de agosto que se aprobara o teito de gasto do 2014 para poder aprobar os orzamentos.
Rexeitamos a creación da figura do valedor do cidadán. Existindo unha oficina de atención ao cidadán, a comisión de queixas e suxestións e o valedor do Povo, que ten competencias na administración local, esta figura non ten nengún sentido. É curioso que o PP queira suprimir a figura do Valedor do Povo e retirarlle competencias aos concellos e, porén, pretende aprobar outro estamento para o Concello de Ourense.
Non prosperou a creación dun banco municipal de libros tal e como propuña o BNG. A iniciativa foi aprobada por D.O e rexeitada polo PSOE, que se se abstivo, porque non solucionaba o problema da gratuidade para tod@s e polo PP, que votou en contra dicindo que as ANPAS xestionaban bancos de libros en todos os centros da cidade.
A unanimidade tamén se acadou na proposta socialista de incluir a Ourense na rede de cidades pola accesibilidade para que a nosa cidade ofreza un entorno seguro a todos os seus cidadáns e cidadás, independentemente da idade ou condicións físicas e mentais.
Tamén unanimidade e loas tivo a moción do BNG para que Ourense se inclúa na rede de cidades amigas da infancia, solicitando un plan municipal transversal para que as nenas e nenas teñen garantida a súa seguridade, espazos de xogo e zonas verdes.