Luís Seara, viaxou este xoves a Lleida para manter varios encontros de traballo coas autoridades locais e coñecer polo miúdo os proxectos implementados en materia de rehabilitación e recollida de residuos

1d8942ba-215f-46c2-82dc-446c92c63afa
Miquel Pueyo, alcalde de Lleida e Luís Seara

O obxecto da viaxe é coñecer e contrastar as políticas en materia de rehabilitación e dinamización de zonas históricas e dos novos modelos de recollida e tratamento de residuos impulsados desde o Goberno da Generalitat

Luís Seara, viaxou este xoves a Lleida para manter varios encontros de traballo coas autoridades locais e coñecer polo miúdo os proxectos implementados en materia de rehabilitación e recollida de residuos

Ourense, 05 de maio de 2023. O actual Portavoz municipal e candidato á alcaldía polo BNG ao Concello de Ourense Luís Seara, acompañado por Xosé Carballido, membro da candidatura, desprazouse este xoves á cidade catalá de Lleida para manter varios encontros de traballo tanto con autoridades locais, reunirase co propio alcalde da mesma, como con altos cargos da Generalitat de Catalunya para coñecer e contrastar os novos modelos impulsados desde o Executivo de Aragonés e referidos ao sistema de recollida e tratamento de residuos.

Seara fixa como obxectivos da viaxe “coñecer novas experiencias de xestión no referido tanto á rehabilitación e posta en valor das zonas históricas e no caso de Lleida, as similitudes con Ourense son moitas, como por coñecer os novos modelos de recollida e tratamento de residuos impulsados desde este concello e a Generalitat e que ao noso entender cobran gran importancia tendo en conta que en Ourense a concesión deste importante servizo está nestes momentos caducada”.

A axenda que tanto Luís Seara como Xosé Carballido teñen por diante é intensa. Pola mañá levarán a cabo unha ruta polo Centro Histórico acompañados do alcalde, Miquel Pueyo, a actual concelleira do barrio, Montse Pifarré, e a número 8 da candidatura de ERC nas próximas eleccións e veciña do barrio, Ikram Bouhouche.

Posteriormente manterán unha reunión centrada nos novos modelos e contratos de recollida de residuos, encontro no que estarán presentes o actual concelleiro de Transición ecolóxica do concello de LLeida, Jaume Rutllant, o xefe de gabinete, Josep Maria Romero e o número 3 da lista de ERC Juanjo Falcó.

Finalmente, Seara aproveitará para reunirse con membros da Executiva local de Esquerra en Lleida.

e9e55631-1be2-4adc-a957-d847e8b948ad
Un momento do encontro entre Luís Seara e Xosé Carballido con autoridades locais de Lleida


 

Luís Seara, viaxou este xoves a Lleida para manter varios encontros de traballo coas autoridades locais e coñecer polo miúdo os proxectos implementados en materia de rehabilitación e recollida de residuos