Medidas e batería de achegas no concello de Paderne de Allariz
Á vista da situación de emerxencia sanitaria e o difícil escenario a nivel social e económico que se aveciña, a Corporación Municipal debe esta á altura das circunstancias para axudar aos veciños e veciñas. Dende o Grupo Municipal do BNG presentamos varias aportacións durante o confinamento e cremos que se teñen que por en común. En todo o que vai deste ano 2020 só tivese lugar un Pleno Municipal por iso solicitamos un PLENO EXTRAORDINARIO por vía telemática con carácter urxente.
Asemade, o BNG presentou unha moción que insta á Xunta de Galiza, como administración con competencias en materia sanitaria e de saúde pública, a estabelecer un sistema de acceso aos sistemas de protección (máscaras e luvas fundamentalmente) dun xeito controlado e seguro, evitando que se produzan aglomeracións ou saídas das vivendas coa finalidade de facerse con eles, e garantindo que cheguen a todas aquelas persoas que precisan deste material para o desenvolvemento da súa actividade vital ou laboral.
O BNG SOLICITA QUE SE TOMEN AS SEGUINTES MEDIDAS:
Medidas de información e comunicación
• Actualizar e difundir por todos os medios necesarios para que chegue a toda a poboación a información coas recomendacións, teléfonos de contacto, resolucións da comisión, información sanitaria, etc.
Crear un apartado no web municipal “CORONAVIRUS” no que se informe de todas as novas, medidas e recomendacións relativas ao coronavirus.
• Informar á corporación para unirnos en todas as medidas que se tomen e aportar todas as melloras que se poida.
Medidas con voluntariado
• Creación dun rexistro de voluntarios e voluntarias con perfís persoais e profesionais que poidan ser útiles neste momento (psicólogas e psicólogos, traballadores e traballadoras sociais, estudantes ou profesionais de ramas sanitarias, educadoras e educadores, mestras e mestres, etc.) para funcións como atención psicolóxica, loxística na atención sanitaria, acompañamento telefónico e dixital ou calquera medida abalada polas autoridades sanitarias que poida ser de utilidade para a veciñanza.
• Posta en marcha dun programa de acompañamento telefónico ás persoas da terceira idade e a aquelas que son máis vulnerables, para evitar os efectos do illamento, coñecer de primeira man o seu estado e poder facer seguimentos diarios.
• Creación dun rexistro de ofertas voluntarias e demandas de bens e subministros que poidan ser de utilidade neses momentos.
Medidas Sociais
• Implementar axudas de emerxencia ás familias para afrontar as necesidades dos e das menores, familias desfavorecidas e afectadas polo impacto da situación socioeconómica do
coronavirus. Incluindo a mediación do concello en caso de inquilinos con dificultades económicas para aprazar ou axustar os pagos dos alugueiros.
• Facer un censo, se ainda non o hai, de persoas maiores que vivan soas para facerlle seguimento, dotandoas dun apoio que lles garanta seguridade, información e acceso a servizos básicos.
• Atención telefónica de urxencias sociais para atender as necesidades da poboación máis vulnerable
• Esixir da Xunta de Galiza a atención ás residencias de persoas maiores, menores ou dependentes, que garantan a saúde das persoas residentes e dos traballadores e traballadoras.
• Coordinar coas outras administracións un protocolo de atención e seguimento a vítimas de violencia machista. A traballadora social do concello deberá facer un seguemento exhaustivo nestes casos.
Medidas do Servizo de Limpeza
• Reforzar a desinfección e fumigación dos espazos públicos, especialmente aqueles de maior concentración de persoas e nos días de maior tránsito de veciños e veciñas: centro de saúde, tendas de suministros de primeria necesidade, farmacia.....
• Propoñer á mancomunidade de concellos a recollida de lixo porta a porta se hai posibilidade, baixo petición de persoas vulnerables e facer un protocolo de recollida de lixo a domicilio para posíbeis doentes positivos por coronavirus.
Medidas para o Persoal e servizos de titularidade municipal
• Dotar de equipas de protección individual a todas as persoas que desenvolvan labores en contacto co público, nomeadamente a o persoal do Sevizo de Axuda no Fogar. Asegurar o cumprimento dos protocolos de prevención en todos os servizos de titularidade municipal.
• Impulso do teletraballo e da atención telefónica e/ou telemática, reducindo a atención presencial ao imprescindíbel.
• Asegurar o mantemento do emprego nos servizos de titularidade municipal (evitar a suspensión de contratos que impliquen a destrución de emprego).
• Manter a Casa do Concello aberta con persoal mínimo para atender calqueira tipo de cuestión de carácter urxente por parte da veciñanza.
Medidas fiscais
• Facer un plan de aprazamento, fraccionamento ou condonación, (ata onde a lexislación permita) dos impostos, recibos e taxas en función das situación concretas de cada persoa ou empresa. Seguindo estes criterios para o aprazamento da taxa de recollida de lixo comercial ás actividades pechadas, así como de todos aqueles impostos municipais pendentes de pasar a cobro.
• Iniciar o estudo para a posta en marcha, pasado o período de emerxencia sanitaria, dun Plan de reactivación económica naquelas cuestións de competencia municipal vencellado a aquelas actuacións con maior impacto na xeración de riqueza e emprego-, etc. (As medidas a adoptar deben complementar ás doutras administracións).
• Estudar a posibilidade de elaborar axudas económicas directas a persoas afectadas e necesitadas.
• Demandar a eliminación urxente da regra de gasto, a obrigatoriedade de realizar plan económico financeiro, os obxectivos de déficit e os límites de endebedamento dos Concellos, xa que restrinxen a capacidade de investimento, de reforzamento dos servizos municipais e de contratación de persoal por parte das institucións locais, limitando enormemente a súa capacidade de resposta á crise.
• Reforzar as Axudas de Emerxencia Social para evitar situacións de exclusión.