Montealegre abre este venres 21 ofrecendo 12.000 m2 máis de zonas verdes
A previsión de apertura estaba fixada para este mes de setembro, algo que cumpriuse con creces dada a boa marcha das obras de mellora que se desenvolveron durantes éstes meses
Ourense, 20 de setembro de 2012.- Na Xunta de Área de Medio Ambiente celebrada esta mañá, a concelleira de Medio Ambiente, Marta Arribas, comunicou que mañá venres, é a data elexida para a apertura definitiva de Montealegre. O novo parque, ten unha superficie total de 12.000 m2, estará aberto tódolos días agás os luns, e poderanse organizar visitas guiadas.
Marta Arribas: 'fumos dando os pasos precisos para asegurar a reapertura de Montealegre nas condicións máis axeitadas'
Tal e como explica Marta Arribas ao longo deste ano, fumos dando os pasos precisos para asegurar a reapertura de Montealegre nas condicións máis axeitadas. Fai unhas semanas, a propia concelleira xa indicaba que as obras de mellora levaban bó ritmo, polo que a previsión era que se abrira no mes de setembro. Desta forma, Montealegre abrirá a partir de mañá cun horario de 9 h a 23 h en verán, e de 9 h a 20.30 h nos meses de outono e inverno (a partir do 1 de outubro). Os luns pechará para labouras de mantemento. Entre as actividades que inclúe, está contemplada a posibilidade de concertar visitas guiadas para grupos ou escolares a petición de cita é a través da concellaría de Medio Ambiente -. No ámbito dos escolares, a concellaría de Medio Ambiente, colabora coa de Educación para ofrecer este servizo nos centros de ensino.
Para a concelleira nacionalista unha das cuestións máis importantes é que as melloras introducidas en Montealegre, fixéronse adaptando minuciosamente as necesidades do parque aos recursos dispoñíbeis. Ésta premisa busca un mantimento sostíbel do espazo que comprometa o menos posíbel á economía municipal, nun contexto moi delicado como é o actual -, e no que o orzamento da concellaría de Medio Ambiente ao igual que o de outros departamentos vai á baixa cada ano.
Melloras realizadas
Ao longo destes últimos doce meses procedeuse a realizar unha captación de manantiais na zona para a construción de balsas de auga para regadío e prevención contra incendios, dotando ao recinto dun abastecemento que inicialmente non estaba previsto. Tamén construiuse un depósito soterrado, colocouse un cadro eléctrico co cal se dotou ao recinto de electricidade, e a maiores permitiu mellorar a acometida nos núcleos de vivendas colindantes -. Procedeuse á instalación de todo o circuíto de seguridade integral con cámaras e sensores e a reparación dos camiños incorporando sistemas para evitar as escorrentías, e asegurando os taludes. Todo este tempo tamén serviu para que as plantacións que xa estaban, fóranse consolidando.
Aínda hai dúas accións máis previstas para os vindeiros meses. Son a dotación de contido ao invernadoiro, e a incorporación dunha zona de xogos infantís. Con todo isto, Marta Arribas subliña que todos éstes traballos realizáronse empregando na medida do posíbel recursos propios da concellaría e sen incurrir en gastos extraordinarios.
O desexo da concelleira é que tras este ano de obras, os cidadáns podan desfrutar por fin de Montealegre, que está destinado a ser o novo referente para o esparcemento e o lecer, e desta forma contribuir a un Ourense máis humano e agradábel.