Paz reta a Feijoo a presentar unha soa iniciativa de impulso para Ourense
A candidata do BNG ás Galegas 2012 denuncia que os datos socieconómicos en Ourense constatan o fracaso dun Plan Impulsa incapaz de frear o desemprego e pide que Feijoo non visite Ourense para anunciar falsas promesas
Tereixa Paz critiou os resultados do Plan Impulsa Ourense que cualificou de cortina de fume do Goberno galego para agochar a súa incapaciade contra o desemprego nesta provincia.
A candidata retou a Núñez Feijoo a nomear unha soa inciativa destinada a mellorar a situación económica de Ourense e en caso contrario, dixo, é mellor que non apareza por aquí con máis mentiras e propaganda
XERO, outra promesa incumprida
Neste sentido, lembrou o acontecido recentemente coa empresa XERO na que a Xunta anunciou a creación de 1.000 postos de traballo e que finalmente, afirma a candidata, ao retirarse os inversores por non existir un proxecto en fime todo ficou nunha nova acción propagandística do Goberno galego.
Paz tamén se referiu ao incumprimento do Plan Estratexico 2000 do que dixo, non se levaron adiante ningunha da liñas previstas convertíndose nunha nova declaración de intencións da Xunta de Galiza.
Medra o paro e a mocidade debe emigrar
Para a candidata, O PP xa non pode seguir distraendo a atención sobre os problemas da provincia de Ourense porque o paro segue crecendo en máis de cinco mil persoas, o sector do comercio e atonómos están a padecer unha grave crise e a mocidade, só ten como saída profesional a emigración.
Tereixa Paz realizou estas declaracións tralo reparto electoral na Rúa do Paseo e Praza de Abastos acompañada de diversos cargos institucionais e órganicos do BNG.
Deterioro da Praza de Abastos
A cabeza de lista do BNG comezoou a xornada co reparto electoral que continuou coa visita á Praza de Abastos ourensá onde denunciou a necesidade dunha remodelación por mor do deterioro existente, O goberno foi incapaz de poner en marcha a rehabilitación a pesar de contar cos investimentos do Estado, a Xunta nestes tres anos non foi quen de achegar os dous millóns de euros para este proxecto, dixo.
Paz concluíu reiterando que o Plan Impulsa foi unha fraude para as expectativas dos ourensáns e de maneira particular para os sectores produtivos primarios.