Unha ordenanza de terrazas restrictiva para dar prioridade ás veciñas
O Grupo Municipal do BNG rexistrou as emendas ao borrador de ordenanza de terrazas e veladores presentado pola Concellalía de Comercio cun propostas encamiñadas a garantir que na xestión da ocupación do espazo público a prioridade sexan as veciñas e veciños de Ourense.
Dende a eleminación de elementos separadores que definan volúmenes no espazo público a axustes dos horarios pasando por evitar a colocación de elementos fixos, aparatos de reprodución de imaxe e son ou un significativo aumento das sancións para que a norma teña carácter coertivo conforman as propostas das nacionalistas que emendan o texto ademáis para que a entrada en vigor das novas delimitacións de espazos se faga de xeito inmediato coa aprobación da ordenanza.