A cooperación dos axentes sociais clave no proxecto URBACT
Con motivo da entrada de Ourense na rede europea URBACT de Alimentación Sostíbel en Comunidades Urbanas a cidade acolleu na xornada de hoxe unha das primeira visitas preparatorias. Os edís das áreas de Medio Ambiente e Vivenda, Marta Arribas e Fernando Varela, promotores da iniciativa na cidade, exerceron de anfitrións na visita que o líder experto desta rede, François Jegou, realizou para coñecer de primeira man a cidade, única socia española na rede, así como os diferentes escenarios nos que se implementarán as propostas nadas ao abeiro da Rede Urbact. As reunións e visitas realizadas hoxe con diferentes axentes sociais servirán para establecer as debilidades e fortalezas de Ourense como socio, así como incorporar as suxestións e recomendacións do experto para un mellor desenvolvemento e aproveitamento da iniciativa comunitaria na cidade.
Expertos europeos destacan a cooperación entre axentes sociais como elemento clave no desenvolvemento da rede URBACT en Ourense
O tamén profesor nas Universidades de La Cambre (Bruxelas) i ENSCI (París) foi saudado esta mañá polo Alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez e a Tenente Alcalde, Isabel Pérez, nun breve encontro na Casa do Concello logo de manter unha sesión de traballo na Universidade e visitar as instalacións do mercado de Abastos. Preguntado polas súas primeira impresións, o técnico comunitario destacou o importante potencial que Ourense ten ao plantexar un plan de acción cunha escala razoable e sostido nun diálogo e intercambio social que aseguren a súa viabilidade e remarcou o valor do deseño dunha estratexia que contemple un achegamento sistémico aos diferentes niveis do cadea alimentaria: productores, vendedores e consumidores. Durante as súas declaracións estivo acompañado polo Director Xeral de Rehabilitación Urbana, Xose Somoza, coordinador da iniciativa municipal.
O Plan de Acción Local, folla de ruta base para a participación de Ourense na rede URBACT contempla o desenvolvemento dunha primeira experiencia piloto en Seixalbo para a recuperación de terreos mediante a cesión por parte dos propietarios a novos agricultores ou persoas interesadas en desenvolver unha horta ou pequena producció agrícuola. Así mesmo, está previsto a comercialización dos excendentes deses cultivos por diferentes vías , como a celebración de pequenos rianxos nos núcleos do perímetro rural. Finalmente, en colaboración coa Universidade de Vigo, pór en marcha unha Unidad Local de Alimentación e Nutrición encargada de fomentar bós habitos na dieta a través de sesións formativas, obradoiros, edición de materiais divulgativos, etc. O plantexamento destas diferentes etapas require un diálogo e colaboración estreita coas iniciativas sociais privadas e a súa actividade, correspondéndolle ao Concello unha actividade non tanto directora ou dirixista senón de coordinación entre axentes e facilitadora dos procesos. Neste sentido Jegou destacou o carácter poliédrico da proposta de Ourense, con moito potencial e que, ademais, plantexa un rol de intermediario para o Concello interesante e diferente ao doutras cidades, nos que é habitual ver a administración como promotores únicos.