Pedimos a readmisión das despedidas pola empresa Seralia
O BNG pide que o equipo de goberno medie e non permita os despidos de cinco traballadoras do servizo de limpeza de edificios municipais que se produciron o venres 2 de maio.
A empresa fíxose cargo da concesión o día 1 de maio e ao día seguinte envioulles unha carta de despido a cinco empregadas argumentando que a Dirección de Seralia tivo coñecemento de que disminuiran voluntaria e continuadamente o rendemento normalmente esixido no posto de traballo polo que consideran os feitos constitutivos dunha disminución no rendemento de traballo tipificado no artigo 54.2.e) do Estatuto dos Traballadores e polo tanto se lles comunica o despido disciplinario.
Para as-os nacionalistas, estes depedimentos son consecuencia da política das grandes empresas que se presentan á baixa -deixando ás PEMEs sen capacidade de competir- pero querendo manter un amplo marxe de beneficios. Para elo, a solución máis fácil e inmediata é recurrir aos despedimentos de traballadoras-es.
Agora, o equipo de goberno, xunto ás reivindicacións das empregadas-os de axuda no fogar, ten outra fronte laboral aberta e dende o BNG pedimos que se defenda á clase traballadora, non só por tratarse de servizos públicos senón tamén por xustiza social.