O Plan Termal Provincial do PP marxina a Ourense

O Plan Termal Provincial do PP marxina a Ourense

No día de onte, no Carballiño (concello gobernado polo PP), o presidente da Xunta de Galiza (do PP) e o presidente da Deputación Provincial de Ourense (do PP) asinaron un plan Termal Provincial que promove grandes investimentos fundamentalmente en Cenlle (concello gobernado polo PP), Leiro (concello gobernado polo PP), Verín (concello gobernado polo PP) e Lobios (concello gobernado polo PP). Ao grupo municipal do BNG gustaríalle saber que pasou coa capital termal de Galiza, Ourense, para non formar parte deste anuncio de chuvia de millóns de euros por parte dunha administración como a da Xunta que se gaba, precisamente, do contrario, de recortar orzamentos para acadar unha suposta idílica estabilidade.

IMG_2285

O grupo municipal do BNG gustaríalle coñecer o papel do goberno de Ourense na elaboración deste Plan Termal e algunha explicación por parte da Deputación ou da Xunta de Galiza por deixar “fora das fotos” ao noso Concello. Politizar o termalismo é unha mala estratexia, e semella que o PP, xunto con algúns empresarios, están dispostos a facelo xa na precampaña das municipais.

O Plan Termal Provincial do PP marxina a Ourense