As Burgas volve a mans do pobo de Ourense

As Burgas volve a mans do pobo de Ourense

Posibelmente o punto máis destacado do pleno de novembro foi a aprobación da expropiación do solar de As Burgas coa sua correspondente modificación orzamentaria (1,6 millóns de euros).

Desta volta, o BNG optou por apoiar unha proposta coa que se lle devolvía á cidade de Ourense un espazo emblemático a pesares da incapacidade do PSOE.

IMG_2787

Aprobóuse por unanimidade a proposta nacionalista para que se sancione a Linorsa e se artellen as medidas necesarias para que as traballadoras cobren as nóminas no caso de que a empresa non llelas abone.

O BNG abstívose na aprobación da Conta Xeral por imcumprimento de prazos. A

Tiña que vir ao pleno antes do 1 de outubro pero estamos en novembro.

E, un ano máis, houbo falta de información na xunta de área de Facenda.

Os indicadores orzamentarios empeoran case todos con respecto aos orzamentos do 2012:

- A porcentaxe de investimentos que lle corresponde a cada habitante en Ourense caeu máis da metade. Se no ano 2012 tocabamos a 90 euros, no 2013 tócannos soamente 35.

- Aumentou o tempo que lle leva ao concello pagarlles aos provedores. Aínda anda dando voltas polos despachos unha modificación para pagar facturas.

En canto á liquidación, o orzamento final ascende a case 126 millóns de euros, dos cales un 25,6% responde a modificacións orzamentarias. Demasiadas modificacións, demasiados cambios o que significa que non hai planificación da xestión, que o orzamento non se executa. Xa o di a tesoureira na memoria da conta: “Nas operacións de capital as modificacións á alza supoñen un 435%, un importe moi elevado, pero o grao de execución final é baixo, un 57%”. É que fan modificacións sen xeito.

Susana García apuntou que os gastos en funcionamento dos servizos supoñen o 67% do orzamento. Resulta algo excesivo. O BNG fixo varias propostas que estaban na liña de conter o gasto de funcionamento dos servizos.

Pero comprobamos un ano máis que a partida para persoal está inflada. Hai un millón e medio de euros que se sacaron de aí e foron para outras cousas que non tiñan nada que ver co persoal do concello, e aínda sobrou outro millón e pico.

A isto nos referimos nós cando falamos de racionalizar a RPT, de adaptala ás necesidades reais, aos efectivos existentes, e destinar eses dous millóns e medio de euros que sobraron de aí, e que xa se sabía que ían sobrar, ao que máis se precisa: servizos básicos e creación de emprego.

Insistimos na necesidade de eliminar as duplicidades e propoñemos que se revisen os servizos municipais e que se supervisen as concesións. A algunha remátalle o contrato proximamente e, vistos os resultados, cómpre estudar a posibilidade de remunicipalizar os principais servizos.

5. O concello ten débedas eternas. Con provedores, asistencias técnicas, cidadáns. E ás axudas de emerxencia social vai haber que lle dar unha volta para que cheguen ás persoas que as teñen concedidas.

6. O ano 2013 foi o ano do non-investimento en Ourense, porque, tomando o mellor dato, estaba previsto dedicarlle aos investimentos o 10% do total do orzamento. Pero desta cantidade, que xa era pequena, so se gastou realmente a cuarta parte.

Xa sabemos que a conta xeral é a que ten que ser. O malo é a mala xestión e a conta o único que fai é reflectila.

Hoxe dáse unha situación surrealista. O PP, aquí presente, aprobou unha lei pola que nun concello se poden aprobar uns orzamentos sen que teña que aprobalos o pleno, que xa non pinta nada nese asunto. Pero, en cambio, a conta xeral ten que ser aprobada polo pleno porque se non non se considera feito o trámite. O que hai que ver!

Non aprobamos tampouco a moción, cualificada pola concelleira Ximena González, como paracaidista do 25N. O BNG non acredita nun grupo político que goberna a base de recortes e desmantelamentos en todas as medidas que teñen a ver coa loita contra a violencia machista. O PP, tanto na Xunta coma no goberno do Estado, está a desmantelar sistemáticamente os recursos públicos, recortando en educación, fomentando a segregación do alumnado, eliminando fondos para a conciliación familiar. Por todo iso esta moción nos parece paracaidista, mero trámite para facer que cumplen co 25N.

Neste punto, a concelleira empezou a sua intervención cualificando ao PP de “banda organizada de persoas adicadas a saquear as arcas pública”.

As Burgas volve a mans do pobo de Ourense