PP e PSOE négase a apoiar a demanda do BNG de por fin á estafa eléctrica
Varela lembroulle a PP e PSOE que Europa non obriga a que o sistema de fixación de prezos sexa marxinalista e que varios países da nosa contorna xa contan con tarifas diferenciadas para os territorios onde producen electricidade.
O voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela, afirma na Deputación que o prezo da luz é unha estafa, especialmente nun país como Galiza que é produtor de enerxía eléctrica, razón pola que é preciso un cambio de modelo que beneficie a xente dos territorios excedentarios de enerxía.
Entre as popostas que o BNG para rematar con esta estafa está a Tarifa Electrica Galega, baixada do IVE ao 4%, crear unha empresa pública galega de enerxía, garantir o subministro eléctrico ao sectores máis vulnerables, e a tarificación electrica en base ao custo de xeración eléctrica de cada tecnoloxía.
Varela sinalou que países como Dinamarca, Suecia, Noruega ou Alemaña xa teñen tarifas eléctricas diferenciadas para os seus territorios que produce a enerxía. “E tampouco é difícil comprender que transportar a enerxía en Galiza é máis barato que levala até Madrid” deicía Varela ao pleno do ente provincial.
Para o BNG ninguén pode excusar a acutal tarificación eléctrica nunha imposición de Europa, pois esta non obriga a que o sistema de fixación de prezos sexa marxinalista, é decir, o feito de que sexa a tecnoloxía máis cara o que marque o prezo do mix enerxético.
O voceiro do BNG resaltou que as principais empresas enerxéticas dos países da nosa contorna son empresas públicas, e até mesmo en Alemaña contan con redes de distribución de enerxía municipais, nin siquera dos Lander senon de xestión local. E mesmo en EEUU hai máis de medio centenar de empresas públicas para impedir que existán oligopolios eléctricos que controlen o prezo da electricidade.
Ante as insinuacións do grupo socialista de que a xente e os políticos non acabamos de entender ben a fatura eléctrica non podemos máis que sinalar que algúns políticos do PP e PSOE si a deben entender, que acaban en consellos de adminstracións das eléctricas salvo que a entendan cando chegan a eses consellos de administración, sentenciaban o voceiro do BNG.