O BNG pide ao PSOE que cumpra coas demandas galegas de mellora do tren
O BNG lamenta que o PSOE galego esixa á Xunta que repague o que o PSOE de Madrid lle nega a galegos e galegas e que empregue a defensa dos intereses dos galegos e galegas para difamar ao BNG.
A formación nacionalista insta ao PSOE a priorizar os intereses das galegas e galegos por riba da defensa de Pedro Sánchez.
Ante as desinformacións vertidas polo PSOE de Ourense contra o BNG, o BNG sinala que esta organización abstívose na votación relativa as subvencións propostas polo PSOE tal como reflexará a acta de sesións de plenos da Deputación de Ourense do día 25 de xuño de 2021, votación realizada ás 13:26 horas.
Tal como explicitou o BNG no debate, esiximos a redución das tarifas do AVANT OURENSE-CORUÑA, como así se acordou no Parlamento galego a instancia de Noa Presas, parlamentaria do BNG. O BNG esixe os mesmo dereitos para Galiza e para Ourense goberne PP ou goberne o PSOE.
No que non concordamos coa moción do PSOE é que os fondos para esta redución teñan que ser da Xunta de Galiza cando as competencias ferroviarias son competencia exclusiva do Goberno do Estado, e polo tanto xa é financiado con cartos dos galegos e galegas que pagamos a facenda. Polo tanto tense que abartar o prezo e esta é unha decisión exclusivamente política.
O único que demostra esta campaña do PSOE de difamación contra o BNG é o seu nerviosismo e un valdío intento de tapar as vergoñas dun PSOE que está facendo as mesmas políticas ferroviarias que o PP, ignorando os compromisos de mellora do tren en Galiza.
O grave non é que o PSOE se trabuque de inimigo o grave é que cando defende a Pedro Sanchez, esquecense dos galegos e galegas e dos ourensáns e ourensás.
ACORDOS PARLAMENTARIOS DE 2018 E 2019
- Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 7 de febreiro de 2018
- Esixir do Goberno central unha equiparación das políticas e modalidades tarifarias en todo o territorio galego para evitar a actual e evidente situación de discriminación que se ve en función do lugar de residencia dos galegos e galegas.
- Solicitar do Goberno central unha amliacion das frecuencias horarias desde Ourense para mellorar a comunicación con Compostela e A Coruña.
- Reformular os termos e condicións dos bonos de transporte Abono Tarxeta Plus, Tarxeta Plus 10 e Tarxeta Plus 10 Estudantes para aumentar o período de uso que rexe a partir da data da primeira formalización da reserva, de forma que se poida empregar en máis tempo que na actualidade.
- Ampliar a frecuencia horaria da liña rexional Ourense -Santiago para mellorar a mobilidade e entre as poboacións intermedias de acordo coa demanda”.
- Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 28 de maio de 2019
- Defender diante do Goberno central os acordos do Pleno do Parlamento galego do pasado 7 de febreiro de 2018 sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas necesidades existentes e as melloras necesarias no transporte ferroviario entre Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña, esixindo que no prazo de dous meses desde a constitución do Goberno se negocie con Galicia un calendario de cumprimento.
- Demandar do Goberno central que inclúa entre as actuacións un abaratamento da Liña Avant Ourense - Santiago - A Coruña de cando menos un 30%.
- Demandar do Goberno central que inclúa entre as actuacións o estudo da prolongación da liña Avant Ourense-Santiago-Coruña entre Ourense e Monforte”