Presas lembra que hemodinamica 24 h é só unha das débedas sanitarias con Ourense

O BNG atribue ao electoralismo desdesperado do PP a decisión e exixe a recuperación da cirurxía pediátrica e unha unidade de ictus

Presas lembra que hemodinamica 24 h é só unha das débedas sanitarias con Ourense

A deputada do BNG, Noa Presas, lembrou que o servizo de hemodinámica 24 horas é unha das débedas sanitarias que se teñen con Ourense e acusou de electoralismo político "desesperado" a decisión do Partido Popular de Núñez Feijóo tras o acontecido no Hospital Comarcal de Verín e diante dun escenario de precampaña electoral para as galegas.

"Que un veciño de Monterrei, Valdeorras ou Ourense non teña que ir até Vigo se ten un infarto pola noite é unha boa nova. Tamén unha mágoa que este servizo 24 horas veña tarde e cun ano de retraso con respecto a Lugo e con moitos máis con respecto a outras partes do país" indicou Presas. Acusou ao Partido Popular de electoralismo político a poucos meses vista das eleccións galegas e instou ao goberno da Xunta a continuar rectificando nas súas políticas de recorte dos servizos públicos. "Verín, Ourense: isto é froito da loita e a mobilización veciñal das ourensáns, das exixencias das xuntas de persoal e dos colectivos profesionais" indicou.

Asemade,  Presas instou ao Partido Popular da Xunta de Galiza a recuperar os servizos no Hospital de Ourense como a ciruxía pediátrica, que foron transladados a Vigo no seu momento, así como a construcción dunha unidade de ictus especializada "nunha poboación tan envelledicada como Ourense". A deputada do BNG tamén indicou que o Partido Popular está mentindo coas listas de agarda xa que, segundo afirma o BNG, "os datos que a Xunta de Galiza está a dar están manipulados. Exiximos transparencia real nas listas de espera".

Hemeroteca da hemodinámica en Ourense

Despois da rolda de prensa dada hoxe polo presidente da Xunta de Galiza, Núñez Feijóo, a deputada do BNG lembrou que o servizo de hemodinámica en Ourense fora aberto en Xaneiro de 2009 durante o coñecido "bipartito" atendendo ás demandas da cidadanía ourensá e compromiso da formación nacionalista de continuar ampliando o horario de atención.

O servizo non se abríu en abril e ten que lembrarse porque estaba na oposición e o actual presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices cualificaba a apertura como "escasa a posta en funcionamento deste servizo". A Xunta pasou a mans do Partido Popular uns meses despois e o servizo que vían escaso, mantívose no tempo.

 

Presas lembra que hemodinamica 24 h é só unha das débedas sanitarias con Ourense