Presas: "O PP ten que seguir rectificando nas súas políticas privatizadoras na sanidade pública galega"
- O BNG presenta unha campaña a prol da sanidade pública e chama á mobilización social para o vindeiro 9 de febreiro
- O grupo municipal do BNG levará unha moción defendendo a sanidade no vindeiro pleno no Concello de Ourense.
A deputada no Parlamento de Galiza do BNG, Noa Presas, e os concelleiros en Ourense presentaron unha campaña en defensa da sanidade pública galega. Chamaron á vindeira mobilización do 9 de febreiro como resposta aos "dez anos de recortes do Partido Popular" e anunciaron iniciativas institucionais para recuperar os dereitos roubados e blindar a sanidade pública.
Presas fixo un chamamento a toda a sociedade a mobilizarse e sair a rúa como resposta a situación pola que atravesa a sanidade pública. O vindeiro 9F terá lugar unha mobilización nacional convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, da que o BNG forma parte, en Santiago de Compostela. Segunda a deputada do BNG o problema da sanidade existe e non é alarmismo: "toda a cidadanía tivo que esperar días para ir ao médico de cabeceira, ten esperado horas para ser atendidas nos PAC ou nun hospital para ser atendidas" indicou Presas.
Esta manifestación é froito de moitos meses de mobilización dos colectivos profesionais e servirá para pedir unha rectificación do Partido Popular pola súa política sanitaria. "Unha década de Núñez Feijóo negra que se baseou nun problema estrutural de infrafinanciación, consecuencia dun modelo de financiamento autonómico que o propio Feijóo aprobou e que o BNG ten denunciado publicamente" expresou Presas durante a súa intervención. "Os galegos e galegas pagamos os nosos impostos pero é Madrid quen se queda coa maior parte. Falta de impulso político, precisamos soberanía económica para decidir nós sobre os nosos cartos" indicou.
Para o BNG existe unha constante privatización e derivación dos centros comarcais a hospitais privados así como continuos recortes na atención primaria ascendendo a 148 millóns nos últimos dez anos. "O discurso do PP é anunciar novos servizos pero a realidade é que os orzamentos son un 5% inferiores aos de fai dez anos cando as necesidades aumentaron nunha provincia coma Ourense cunha poboación envellecida" enfatizou a deputada.
Esstamos ante a choiva de anuncios electorais a respecto dos hospitais comarcais do PP. Inisten en que hai que sentarse a dialogar coas xuntas de persoal destes centros e recuperar os servizos perdidos nestes dez anos. Recuperar o servizo de dermatoloxía no propio Hospital de Verín e incrementar a dotación de persoal dos Hospitais para ter unha maior atención. "O PP ten que seguir rectificando nas súas políticas privatizadoras na sanidade pública galega e dende o BNG exixiremos unha unidade específica de ictus e recuperar dereitos roubados como cirurxía pediátrica 24 horas" indicou Presas.
"A sanidade é un dereito e non un privilexio. A sanidade é para todas e non debería ser privatizada, como está a facer o Partido Popular. Solicitaremos o apoio á manifestación do vindeiro 9 de febreiro ademais de recuperar todos os servizos que foron pechados durante este tempo e que os veciños e veciñas de Ourense fomos privados" indicou a concelleira do BNG, Rhut Reza. Na moción que presentarán no Concello de Ourense, inclúen un reforzo na área de Ourense
Atención primaria: maior perxudicada
Problema de listas de agarda, falta de profesionais e de servizos adecuados. Necesidades que non están cubertas. O Centro de Saúde do Vinteún non está recollido nos orzamentos de 2020 e tampouco a reforma do Centro de Mariñamansa. O mesmo acontece no Centro de Saúde do barrio da Ponte sen ningunha modificación por parte da Xunta de Galiza ante esa "chapuza" de construir a terminal de autobuses: "debe haber un plan específico para corrixir esa obra e salvagardar o centro de saúde".
Rectificacións do PP
Tras as mobilizacións acontecidas en Verín e a decisión de Feijóo de reestablecer os servizos de urxencias pediátricas e o paritorio do Hospital igual que noutros hospitais do país. "O consentimento informado reforzado do que fala Núñez Feijóo é unha falacia que non existe. Exixiremos rectificación ao PP e que pidan perdón por unha decisión política que nunca tiñan que ter tomado" engadíu Presas.