O proxecto Val da Rabeda xa estaba en marcha co BNG na Xunta de Galiza
O deputado do BNG, Iago Tabarés, denuncia que o anuncio que ven de realizar o Presidente da Xunta é exactamente igual ao que xa realizara o Sr. Núñez Feijoo en 2018 e nada se fixo.
O deputado do BNG lamenta que despois de 14 anos o único que fixo o Partido Popular foi abandonar o proxecto Val da Rabeda, que xa estaba en marcha co BNG na Xunta de Galiza, e que permitiría dotar á provincia de Ourense, nomeadamente aos concellos de Paderne de Allariz, Taboadela e San Cibrao, con máis de 4 millóns de metros cadrados de superficie industrial, ben comunicada e con servizos, e que contribuiría ao desenvolvemento económico e social, e ao reequililbrio territorial da Galiza interior.
“Tivo Ourense que perder case que 1.500 empresas e máis de 30.000 habitantes para que o PP se dese conta da importancia de contar co solo empresarial para o desenvolvemento económico de Ourense.”
O BNG insta ao Sr. Rueda a cumprir co novamente anunciado e que non pase como en 2018, e todo fique noutro mero anuncio publicitario.
Ourense necesitaba solo empresarial cando o PP paralizou o proxecto do Val da Rabeda, e segueo a necesitar, polo que dende o BNG animamos á Xunta de Galiza a que continúe co construción da Autovía AG-31 até a fronteira portuguesa, a que remate a conexión viaria entre o polígono de San Cibrao e a A-52, e a que xestione co goberno do Estado a construción da estación ferroviaria de mercadorías no polígono de San Cibrao.