Contra a construcción da incineradora do Irixo
Moción presentada polo Grupo Municipal do BNG de Ourense,
Tras a polémica suscitada estas semanas polo proxecto da empresa Estela Eólica S. L. (co apoio da Xunta de Galiza), para a construcción dunha planta incineradora de residuos sólidos urbanos no Concello do Irixo, o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense manifesta o seu posicionamento en contra deste contaminante e perxudicial proxecto non só para o Irixo senón tamén para os Concellos do entorno.
Polo que o Grupo Municipal do BNG propón que o Pleno do Concello de Ourense adopte os seguintes acordos:
1. O Concello de Ourense rexeita rotundamente o proxecto presentado pola empresa Estela Eólica S. L. para a construcción, no Concello do Irixo, dunha planta incineradora de residuos sólidos urbanos manifestándose en contra dun modelo de tratamento baseado na incineración.
2. Instar á Xunta de Galiza a que rexeite e desbote definitivamente o proxecto presentado pola empresa Estela Eólica S. L. para a construcción dunha planta incineradora de residuos sólidos urbanos no Concello do Irixo.
3. Instar á Xunta de Galiza a que renuncie definitivamente a este modelo de tratamento do lixo, baseado na incineración, por ser un proceso altamente contaminante e substituílo por outro modelo alternativo baseado na redución, a reutilización, a reciclaxe e compostaxe dos residuos para a súa valorización.
Grupo Municipal do BNG Concello de Ourense