Máis de 20 modalidades deportivas compoñen a programación para xuño, xullo e agosto
O concelleiro de Deportes, Fernando Varela, presentou a programación de actividades deportivas que organiza o unas que colabora a concellería nos vindeiros meses. A nota predominante é o gran número de actividades que cubrirán unha oferta para tódolos públicos.
Entre as máis destacadas están a Xira Galega de Karting, o Tai Chi en Oira, ou os campus deportivos de fútbol e hokei. Tal e como afirmou Fernando Varela, seguimos a apostar por achegar o deporte aos cidadáns, como dereito social que é, e que tamén contribúe a xenerar actividade económica.
Ourense, 5 de xuño de 2012.