Presentado o libro gañador do XXVVII Premio de Poesía Cidade de Ourense
No acto, que tivo lugar na carpa da Feira do Libro, estiveron a concelleira de Cultura, Isabel Pérez, e o representante da editorial, Miguel A. Fernán Vello.
Este martes tivo lugar o acto de presentación do libro gañador do XXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense, que recaiu sobre Xavier Rodríguez Barrio, ca súa obra Calado Testamento. O Xurado que emitiu este fallo, destacou a alta calidade dos corenta e oito exemplares presentados. Sobre a obra gañadora o Xurado valorou especialmente a exclente construción rítmica dunha poesía que contén un fondo testemuño de carácter existencial e que estabelece unha vía reflexiva de grande intensidade sobre o paso do tempo e a condición humana.
O Xurado estivo composto polas seguíntes persoas: Fernando de Castro Blanco, como representantes do Grémio Literário Vilarense, Soedade do Muíño, profesora de lingua e literatura galega, Edelmiro Fernández Naval e Miguel A. Fernán Vello como representantes da editorial Espiral Maior, e actuando como secretaria a técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ourense Mónica Fernández Valencia, sendo a Presidenta do Xurado a concelleira de Cultura, Isabel Pérez (sen voz nen voto). Xavier Rodríguez Barrio naceu en Lugo no ano 1956. É poeta, narrador e ensaísta, recoñecido como unha das voces máis importantes da poesía galega contemporánea, na actualidade exerce como tradutor e coordinador do Gabinete de Normalización Lingüística da Deputación de Lugo. Foi finalista en dúas ocasións do Premio Nacional de Poesía (1990 e 1993), e gañador dos premios Galicia Universidade de Santiago, Celso Emilio Ferreiro e Premio da Crítica Española (1993), entre outros.
Ourense, 5 de xuño de 2012.