Subvencións para Rehabilitación de Vivendas e Edificios nos ARIs da cidade
Na Xunta de Goberno Local aprobouse o nomeamento de Xosé Somoza como novo Director Xeral de Rehabilitación Urbana
Esta mañá, na Xunta de Goberno Local, aprobáronse as Bases Reguladoras da convocatoria de Subvencións para Rehabilitación de Vivendas e Edificios nos ARIs, que permitirán melloras nos barrios das Camelias, Carballeira e Polvorín. Tamén se aprobaron as Bases da Zona Histórica e do Núcleo Etnográfico de Seixalbo.
Ademáis, tamén tivo lugar o nomeamento do novo Director Xeral de Vivenda e Rehabilitación Urbana, Xosé Somoza Medina.
Outro asunto aprobado esta mañá, foi o Estudo de Detalle da Unidade de Actuación 15 do PEPRI da zona histórica, presentado onte, e que afecta as inmediacións da rúa Pelaio e da igrexa da Trinidade, co fin da posta en valor dun novo espazo público.
Ourense, 21 de xuño de 2012.