O BNG visita Velle e Mende esta semana para informar ás veciñas sobre o PXOM
O BNG, que durante os próximos días manterá reunións informativas con diferentes asociacións de veciñas do perímetro rural da cidade, visitará este mércores 11 ás 20.00h o local da Asociación de Veciñas de Velle e o Venres 13 ás 19.30h o local da AVV de Mende para trasladar as súas valoracións sobre o documento do PXOM presentado polo goberno.
As veciñas de Velle, ás que xa se lles facilitou un mapa coa ordenación urbanística que presenta o novo PXOM para Velle para que as veciñas puideran traballar no mesmo antes deste encontro, poderán consultar coas concelleiras do BNG a ordenación urbanísitca que define o documento e recibirán o asesoramento que precisen para elaborar as súas alegacións a través de diversos modelos que prepara o BNG.
Ourense, 12 de decembro de 2013