O grupo municipal informa e recolle as demandas das veciñas sobre o PXOM
O grupo municipal continúa esta semana coas reunións nas asociación de veciños para informar sobre o PXOM, recoller as denunicias das-os prexudicados e asesoralos á hora de facer as alegacións.
Polas xuntanzas mantidas a pasada semana, os nacionalistas advirten un gran malestar e desconfianza das veciñas ao non entender por qué o planeamento e tan restrictivo no perímetro rural. Tamén amosan preocupación pola situación na que quedan as súas fincas e vivendas moitas delas fóra de ordenación.
As datas das reunións son as seguintes:
Martes 17 de decembro, Seixalbo ás 19:00 horas no local da AVV
Mércores 18 de decembro, A Carballeira ás 19:00 horas, no local da AVV Carlasca, coa AVV Arranxar
Xoves 19 de decembro, Santa Mariña ás 19:00 horas no local da Asociación de veciñas
Venres 20 de decembro, Rabo de Galo ás 20:00 horas no local da Asociación de veciñas.