Son necesarios mecanismos para mellor a convivencia coas mascotas en rúas e espazos infantiles
Susana García, concelleira nacionalista, trasladou ao goberno unha demanda d@s veciñ@s de que se establezan mecanismos para mellor a convivencia coas mascotas na cidade, co fin de evitar entre outras cousas a suciedade que produce a falta de concienciación d@s propietari@s das mascotas nas rúas e espazos infantiles da cidade.
Texto íntegro da pregunta:
Sr. Presidente, existe unha Ordenanza municipal de posesión e custodia de animais e outra sobre o uso de zonas verdes. Sería beneficioso para toda a cidadanía de Ourense que se fixesen cumprir, concretamente no que fai referencia ás mascotas.
Non obstante, no grupo municipal do BNG somos conscientes de que moitos propietarios de cans cumpren escrupulosamente o estipulado e que eles mesmos sofren as consecuencias de que outros propietarios, menos concienciados, non teñan tan presentes unhas normas mínimas de convivencia cidadá.
Para facilitar a convivencia, desde o BNG pregamos que, tal e como se recolle no noso programa electoral, se delimiten espazos en todos os barrios da cidade para que todas e todos poidan pasear libremente as súas mascotas.