O BNG pregunta pola alegación dos comerciantes ás ordenanzas fiscais
O BNG interesouse no turno de rogos pola situación da ordenanza relativa ás tarifas dos postos da Praza de Abastos que foi modificada no pleno extraordinario de decembro a través dunha alegación do representante dos comerciantes aprobada, entre outros, co apoio do BNG. Xosé Somoza, Portavoz Municipal, solicitou ao goberno que se realicen os informes necesarios para proceder á modificación da ordenanza municipal.
Texto íntegro da pregunta:
Rogo que á maior brevidade se emitan os informes previos e se tratamite a aprobación definitiva da modificación da ordenanza fiscal relativa aos comerciantes da Praza de Abastos