contaminación
Novas
Sonia Vidal Deputada do BNG de Ourense

O BNG reclama medidas urxentes ante a contaminación do encoro das Conchas tras a confirmación da sentenza que condena a Xunta e o Estado

A inadmisión do recurso pola vía do Tribunal Supremo converte en firme a sentenza que recoñece a vulneración de dereitos fundamentais pola inacción da Xunta e da CHMS

O Bloque Nacionalista Galego, denuncia que a situación de contaminación no encoro das Conchas e nas augas da Limia continúa sen unha resposta efectiva por parte das administracións públicas.Sonia Vidal e Iago Tabarés destacan que a inadmisión do recurso de casación presentado pola Xunta de Galiza e pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil ante o Tribunal Supremo supón a confirmación da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) que condena ambas administracións pola súa inacción ante a grave contaminación das augas

A sentenza, agora firme, recoñece a vulneración de dereitos fundamentais do veciñanza de As Conchas e da comarca da Limia, afectada por anos de verquidos e contaminación por nitratos e eutrofización das augas, sen que se adoptaran medidas efectivas para a súa solución

. O Tribunal remarca que esta situación representa un risco real para a saúde pública, os usos recreativos e o acceso á auga potable segura

Ler novas
Novas
Encoro Cachamuiña Rubén García e Iago Tabarés

O BNG denuncia a contaminación por cianobacterias en Cachamuíña

Iago Tabarés ven de demandar no Parlamento de Galiza explicacións e un plan para impedir a reiterada contaminación e a protección da flora e fauna do encoro de Cachamuíña e do río Loña

Rubén García “ A veciñanza do Pereiro atopase privada de piscinas, parque acuático e do entorno de Cachamuiña no verán de 2022 pola neglixencia da Xunta de Galiza”

Ler novas