granito
Novas
Bernardo Valera

O BNG esixe explicacións ao goberno provincial ante as novas inversións en granito por parte da Deputación de Ourense.

Para Bernardo varela  as novas adquiscións do goberno do PP non fan máis que afondar no desnorte co  de que se invisten en moitos casos os fondos públicos  da institución. Novamente atopamos dous contratos menores,deses dos que tanto abusa a Deputación de Ourense segundo o informe do Consello de Contas de Galiza,  que se adican a fins que dubidosamente terán un retorno socioeconómico cara a veciñanza

“Dende o Grupo Provincial do BNG ofrecémonos ao Grupo de Goberno para facer propostas en positivo, de como invertir os recursos públicos, reforzando os servizos básicos, os sectores produtivos, ou a posta en valor dos recursos naturais dunha provincia que leva anos esmorecendo” sinala o voceiro provincial do BNG

Ler novas