O BNG demanda explicacións polo Rallye nas Serras de Manzaneda con epicentro na Estación de Montaña.
Bernardo Varela traslada á Comisión de Transparencia do ente provincial o acontecido co Rallye “Hispania Rally 2021” no que a Deputación consta como promotora e cofinanciadora e que finalmente foi paralizado polos Axentes da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galiza.