Novas
Ana Pontón propón 1.100 M€ do Next Generation a proxectos contra o cambio climático desde a bioeconomía e á xestión da auga
23/mar./2021
Pontón destaca a capacidade de xerar emprego da economía circular e da auga, claves para un novo modelo económico verde baseado na I+D+i
Proxectos: Estratexia da auga 2030, Cluster termal con base en Ourense, Axencia de residuos e economía circular e transformar a biomasa forestal
Elixe o Día mundial da auga para a presentación e pon Allariz como exemplo de desenvolvemento sustentable desde a recuperación ambiental