Novas
O BNG propón impulsar medidas para paliar a grave situación económica das persoas pensionistas das comarcas de Ourense
09/xuño/2023
Noa Presas indicou que a situación económica do colectivo repercute na súa saúde física e mental e alertou das consecuencias da soidade e o desamparo familiar
Pediu aumentar os recursos económicos para os pensionistas gravemente afectados pola subida de prezos e coas pensións máis baixas de media do Estado