O BNG urxe a creación dun novo xulgado de violencia de xénero en Ourense
Néstor Rego: “Se o Ministerio de Xustiza quere traballar na loita contra a violencia de xénero é preciso materializar este desexo en políticas públicas efectivas e prácticas. Ourense, Lugo e Santiago de Compostela carecen deste órgano especializado a pesar de existir informes que sinalan a necesidade de avanzar na súa creación”
Luís Seara denuncia o colapso xudicial da cidade de Ourense que está a provocar numerosos retrasos na resposta dos procedementos abertos: “a planta xudicial actual é insuficiente”