Contra a desaparición do Bacharelato de Música e Artes Escénicas
O grupo municipal do BNG de Ourense quere amosar o seu desacordo coa desaparición do Bacharelato de Música e Artes Escénicas no anteproxecto de Lei para a mellora da calidade educativa (LOMCE) que está a elaborar o Ministerio de Educación.
Isto suporía a desaparición desta modalidade de bacharelato que na cidade de Ourense leva catro anos en funcionamento, con moi boa acollida entre o alumnado. Por este motivo, o grupo municipal do BNG quere apoiar coa súa presenza o Claustro e o Consello Escolar do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, así como as nais e pais e os alumnos e alumnas do conservatorio que hoxe xoves, 22 de novembro, se concentrarán ás 18:30 diante do centro.
Ourense, 21 de novembro de 2012