Prórroga e axudas para a realización da ITE e participación das plataformas de afectadas

Prórroga e axudas para a realización da ITE e participación das plataformas de afectadas

Son parte dos compromisos que o BNG conseguiu tirar da corporación municipal de Ourense no pleno do pasado 7 de decembro, estas foron as posicións que mantivo o BNG nos temas que se trataron:

Aprobación inicial do Regulamento de réxime interior do Albergue Municipal de Transeúntes.

O BNG votou a favor da aprobación do Regulamento remarcando na intervención que os grupos municipais atoparán a colaboración e o apoio do BNG en todos os proxectos que se encamiñen a afortalar os servizos públicos, a pór a vida das persoas no centro das políticas e a acuparse da situación das persoas máis febles.

Aprobación das tarifas de taxis para o ano 2013

Foron aprobadas por unanimidade

Moción do BNG sobre modificación da Lei Hipotecaria.

A moción foi aprobada cos votos a favor do PSOE. O PP e DO votaron en contra.No debate da moción foron aceitadas as emendas do PSOE que retirou a súa moción sobre o mesmo tema. O BNG defendeu a modificación da Lei Hipotecaria con carácter retroactivo como o único medioeficaz para atallar o drama dos desafiuzamentos. Coa aprobación da moción o Pleno compromete ao goberno a crear unha Comisión, no marco do PactoCívico, na que participen as Plataformas de Afectadas polas Hipotecas e a pór meios a disposición da recollida de sinaturas para a ILP, así como instar ao goberno da Xunta a tomar unha serie de medidas encamiñadasa axudar ás familias.

Moción do BNG para prorrogar as ITES e crear unha ordenanza municipal que conceda subvencións para a súa realización.

A moción foi aprobada cos votos a favor do PSOE. O PP votou en contra e DO abstívose. No debate da moción foronaceptadasas emendas do PSOE. Coa aprobación da moción conseguiuse unha prórroga dun ano para a elaboración da ITE de edificios construídos antes de1911 e que se cree unha ordenanza para establecer axudas para a realización das mesmas. Tamén lle permitirá ao BNG traballar para que nos orzamentos do 2013 se recollan axudas para casos de ITEdesfavorábeis para propietarias con poucos recursos económicos.

Moción do BNG contra da supresión do bacharelato de música e artes escénicas.

A moción foi aprobada cos votos a favor do PSOE. O PP votou en contra e DO abstívose. Coa aprobación da moción conseguiuse instará Xunta de Galiza para que, facendo uso das súas competencias, lle solicite ao Ministerio de Educación o mantemento do Bacharelato de Artes Escénicas, Música e Danza na redacción que lle dea ao proxecto da Lei orgánica para a mellora da calidade educativa

Moción de D.O sobre os patrocinios do San Martiño

O BNG abstivose nesta moción ao considerar que nela alegaban o principio de transparencia, que o BNG defende e comparte, trasluce un enfrontamento entre intereses particulares dun meio de comunicación fronte a outro e non unha cuestión de interese xeral.

Moción do PP instando ao goberno a elaborar unhas novas bases de contratación.

O BNG votou en contra por considerar que, se ben as bases son mellorábeis, son un avance cualitativo a respeito da época do PP cando non existía ningún tipo de bases que rexisen as contratacións do persoal temporal e de interinos do Concello. No debate, o BNG remarcou que se o PP ten detectada algunha irregularidade as vías para reclamar están dispoñíbeise que non se poden verter acusacións sen probas, ao

tempo que lembrou ao Partido Popular que non son precisamente un exemplo na política de contratación, sinalando o caso da Deputación de Ourense.

Moción do PP sobre a elaboración do Plan de Emerxencia Municipal

O BNG votou a favor por considerar favorábel para Ourense a aprobación dun PEMU, remarcando na súa intervención que foi o BNG, despóis de anos de goberno municipal do PP sen facer nada ao respecto, aprobou o primeiro Plan Básico para a elaboración deste instrumento de Protección Civil.

Moción do PP sobre a perda e devolución de subvencións concedidas ao Concello de Ourense

O BNG votou en contra porque, no caso ao que o Partido Popular fai referencia na moción, a renuncia á subvención debeuse á imposibilidade de cumprir os prazos legais establecidos. A subvención concedeuse o 2 de outubro e o 15 de decembro había que xustificar a obra.

Ourense, decembro de 2012

Prórroga e axudas para a realización da ITE e participación das plataformas de afectadas