[ PE DC ] O BNG defende diminuír a presión fiscal sobre @s veciñ@s
Este xoves tivo lugar o pleno extraordinario para a aprobación das Ordenanzas Fiscais de 2013 no que o BNG defendeu a necesidade de apoiar as iniciativas políticas e cidadáns presentadas para diminuír a presión fiscal sobre @s veciñ@s nun momento económico crítico agravado polas políticas de recortes do Partido Popular no goberno do estado e da Xunta.
O BNG traballa no Concello de Ourense para mellorar as condicións de vida d@s veciñ@s, nomeadamente de aquelas que están a sufrir en maior medida os efectos do que o sistema chama crise económica e que non é máis que un saqueo aos dereitos da clase traballadora. Por este motivo non se comprende o asombro que poda causar en outr@s que unha formación política apoie propostas de outra cando éstas son adecuadas e benefician á cidadanía, terá que ver, sen dúbida, co pouco que esas formacións practican políticas construtivas.
Esta é a posición do BNG mantida no Pleno, no que respecta a posicións políticas e votación das alegacións:
Ordenanza reguladora do IBI
O BNG presentou unha alegación a esta ordenanza para denunciar os privilexios da Igrexa Católica en referencia ao pago do IBI. A Igrexa Católica posúe 8 edificios con valores que superan o millón de euros, chegando ata 13 millóns, aos que se pode aplicar a ordenanza pero hai outros tantos que están exentos do pagamento do IBI... é decir, a Igrexa pagará en 2013 neste concello o imposto de bens inmóbeis pola metade do seu patrimonio, privilexio do que non disfrutará ningún outro sector nen colectivo. O BNG denunciou que é urxente a revisión dos acordos coa Igrexa e un sistema fiscal progresivo e máis xusto no que pague menos quen menos ten, aliviando a presión fiscal aos que máis o precisan... máis nun momento no que dende o goberno do estado e da Xunta se nos exixe sacrificios e se nos retiran servizos coa escusa de non haber recursos para prestalos, exixencia que non se lle aplica á Igrexa Católica.
Na votación desta emenda tanto o Partido Popular como o PSOE votaron xuntos, algo que non sorprende ao BNG pois son os partidos que manteñen os privilexios da Igrexa Católica a través dos Acordos coa Santa Sede.
Ordenanza reguladora das taxas do transporte urbano
Alegación do BNG
No contexto económico actual o BNG entende que é necesario incluír na tarxeta milenium cunha tarifa que cubre o 100% do custe da viaxe ademáis de ás mozas, discapacitadas e pensionistas o colectivo das persoas desempregadas. Modificando tamén no caso das persoas pensionistas e maiores de 65 anos as condicións de acceso a esta tarifa priorizando a aquelas persoas que acrediten unha capacidade económica da persoa usuaria inferior ao 150 IPREM. Con esta proposta pretendemos garantir o acceso das persoas que se atopan nas condicións económicas máis desfavorábeis ao servizo, axustando para iso as tarifas da ordenanza fiscal.
O BNG entendeu que os axustados prazos para pór en marcha esta modificación sen perxuízo d@s usuari@s podía ser motivo de rexeitamento da mesma polo que anunciou no pleno que será presentada como moción do Grupo Municipal no primeiro pleno do ano. A concelleira nacionalista Susana García dirixiuse aos grupos políticos para que lembren no momento da súa presentación que hoxe todos amosaron o seu apoio á proposta presentada polo BNG.
Alegación d@ representante de Autobuses Urbanos de Ourense, S.L
O BNG apoio a alegación presentada para modificar as tarifas de xeito que se facilitara o traballo d@s traballador@s do transporte pública posto que a proposta de modificación non supuña unha diferencia substancial coa proposta existente.
Ordenanzas fiscais nº 2 que regula o imposto sobre vehículos de tracción mecánica e nº 3 reguladora do imposto sobre construción, instalacións e obras
O grupo municipal do Partido Popular propuxo a supresión do incremento do equivalente ao IPC do ano 2011 nestes impostos. O obxecto é o de favorecer os cidadáns de Ourense para garantir o seu poder adquisitivo.
Isto é o mesmo que argumentou o BNG no pleno de setembro cando lle propuxo a esta corporación compensarlles a perda da paga extra aos empregados e empregadas do Concello de Ourense. Pretendíase garantir o seu poder adquisitivo. Daquela o PP non o viu igual ca hoxe e votou en contra.
Como se recoñece nas alegación, os cidadáns xa están bastante castigados por medidas adoptadas polo propio PP, como é a suba do IVE. Argumentaba o grupo municipal do PP que xa se paga o incremento do IPC no custo do material da obra, polo que os cidadáns non deben volver a pagalo nos impostos municipais.
Isto estaría claramente en contra do repago farmacéutico e o repago no transporte sanitario impostos polo PP. Medidas que se ven reforzadas co feito de que o PP aprobase recentemente non subirlles o IPC ás pensións.
O grupo municipal do BNG considera que o concello debe ser sensible ante a situación económica xeral e, naquilo que non lle supoña un prexuízo evidente, posto que tampouco se orixina un gasto que haxa que compensar, debe facer un esforzo por manter as tarifas.
Co voto a favor de BNG, as alegacións foron aprobadas.
Ordenanza reguladora da tasa por prestación de servizos en lonxas, mercados e feira.
O Grupo Municipal do BNG defendeu a alegación presentada por D. Emilio Pedro González en nome e representación dos Comerciantes asociados do Mercado de Abastos nº1 de Ourense ao entender que a proposta realizada por estes responde a un acordo co goberno municipal de aceitar a proposta de regulación acordada pol@s propi@s afectad@s que non foi escoitada para a aprobación desta ordenanza.
Grazas ao apoio do BNG esta alegación, que traslada un acordo aprobado por unha amplia maioría d@s Comerciant@s do Mercado de Abastos, foi aprobada no pleno deste xoves.