O BNG denuncia a falta de compromiso do PSOE para impedir a perda de poder adquisitivo das traballadoras do Concello
O BNG denuncia a falta de compromiso do PSOE para cumplir o acordo plenario que impedía a perda de poder adquisitivo d@s empregad@s públic@s do Concello
O BNG constata que non hai compromiso por parte do PSOE de cumplir o acordo tomado en sesión plenaria para compensarlles aos traballadores do Concello a perda do poder adquisitivo. O Portavoz Municipal, Xosé Somoza, lembrou que o BNG foi capaz de articular mecanismos para a compensación da perda de poder adquisitivo das traballadoras públicas onde ten responsabilidade de goberno, co exemplo máis claro de Pontevedra, onde xa no mes de novembro se puxeron en marcha os mecanismos que permitiron levar adiante a proposta.
Fronte ás acusacións de eleitoralismo a resposta de Xosé Somoza foi clara 'O BNG presentou esta proposta en agosto e foi aprobada no mes de setembro, moito antes da convocatoria eleitoral, do mesmo xeito que a estamos a levar adiante onde gobernamos, demostrando que o que o BNG quere é compensar aos traballadores desta perda e o esta facendo'.
O Portavoz Municipal, Xosé Somoza, destacou que O acordo alcanzado no Pleno de Setembro tiña o sentido de que as empregadas e os empregados públicos dispuxesen desa compensación económica neste mesmo mes de decembro, para evitar a redución do poder de compra durante a campaña de Nadal, de xeito que isto non afectase ás pequenas e medianas empresas, ao pequeno comercio deste concello, nun dos momentos de máis consumo do ano, sentido que perde agora calquera outra proposta que se articule para a compensación desta perda de poder adquisitivo das traballadoras noutras datas.
Pola súa parte a concelleira nacionalista Ximena González sinalou que malia a non ter resposta oficial á pregunta rexistrada este mesmo luns sobre como se procedería para facer cumplir o acordo plenario 'o informe que coñecemos a través da Xunta de Área de Servizos Xerais habilita ao Concello de Ourense a compensar a perda de poder adquisitivo d@s empregad@s públic@s a través de mecanismos estudados noutros Concellos mas a vontade política impediu que no momento en que estamos se teñan dado pasos nese sentido por parte do goberno'.
Ximena González explicou que despóis da saída do BNG do goberno realizaronse transferencias de crédito da partida de persoal por valor de 1.286.000 a favor doutras partidas, como por exemplo Publicidade e propaganda o que significa que 'non só non hai vontade política senón que tampouco hai agora a capacidade económica que o BNG garantiu cando fixo a proposta'.
A pregunta d@s xornalistas, tanto Xosé Somoza como Ximena González sinalaron que 'o engano, en calquera caso non é ao BNG senón ás traballadoras do Concello de Ourense. O BNG deu todos os pasos necesarios para que a compensación da perda de poder adquisitivo fose posíbel cando estaba no goberno e tras a nosa saída o PSOE non só non deu nengún paso nese sentido senón que o imposibilitou destinando o orzamento consignado para levar adiante a proposta a outros fins'.
Ourense, 13 de decembro de 2012