Bernardo Varela “Os orzamentos provinciais para 2023 son unha nova oportunidade perdida para acometer un revulsivo para o que está acontecendo na provincia de Ourense”

Bernardo Varela durante pleno provincial setembro 2022
Bernardo Varela durante pleno provincial setembro 2022

O BNG valora negativamente os orzamentos aprobados polo Partido Popular de Baltar na Deputación de Ourense

Bernardo Varela puxo de manifesto a importante labor como reservorio de auga das presas populares, así como o seu carácter de patrimonio histórico no pleno provincial sacando adíante a proposta da súa defensa desde as institucións.

Bernardo Varela “Os orzamentos provinciais para 2023 son unha nova oportunidade perdida para acometer un revulsivo para o que está acontecendo na provincia de Ourense”

 O voceiro do Grupo Provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela, afirma que a aprobación dos orzamentos provinciais Ourense para 2023 é unha nova oportunidade perdida, pois non se tratar de aprobar uns orzamentos polo mero feito de aprobalos, senón que deberan servir como revulsivo á situación que padece toda a provincia, polo que non se pode facer unha valoración positiva deles.

Estamos nunha provincia que   desde 2009 perdeu case 10% da poboación, o que triplica a perda de poboación do resto de Galiza, perda que se produce entre a poboación de menos de 65 anos.

Esta é a razón, indica Varela, pola que o grupo provincial do BNG presentaba un orzamento alternativo que fixera que os concellos fosen os protagonistas desta necesaria recuperación , a través dun plan único.  Un Plan Único con uns criterios equitativos e coñecidos por todos, permitindo que desde a administración máis próxima á cidadanía se revertese a situación que asolaga a nosa provincia cun número maior de pensionistas que de persoas traballando, o que non é soportable en ningún caso.

A proposta do BNG para os 91 concellos de Ourense con poboación inferior a 20.000 habitantes, era a destinar  dunha cantidade fixa de 80.000 euros e outra cantidade variable en función de criterios obxectivos que permitiría que estes 91 concello tivesen unha financiación  media de 233.000€ .

A actual situación orzamentaria da Deputación, que se ven arrastrando desde fai anos, con subvencións nominativas,  que neste orzamentos para 2023 exclúen a 38 concellos, e co 70% do orzamento comprometido para persoal e gasto de funcionamento antes de comezar o ano 2023, non é algo que poidamos manter no tempo.

 

O BNG acada o apoio da Deputación para defensa das presas tradicionais de Galiza.

 

 

O voceiro do BNG na Deputación de Ourense  acadou o apoio da Deputación para demandar que as institución públicas preserven este patrimonio histórico, que nos tempos do cambio climático xogan un importante labor como reservorio de auga e nos períodos cada vez máis prologados de estiaxe. 

 

Así mesmo acordouse instar á Confederación Hidrográfica Miño-Sil a respectar este patrimonio etnográfico galego e non desmantelar estas infraestruturas de valor cultural e patrimonial, cuia importancia se fai máis transcendental como factor de regulación e acumulación da auga cos efectos do Cambio Climático. Resultando imprescindibles canto máis frecuentes e prolongadas se fan as secas. Polo que se solicita dispoñan fondos desta institución para as labores de conservación que correspondan.

 

Varela congratulouse de poder sacar adiantes esta proposta e agradeceu aos grupos provinciais presentes por non opoñerse a esta proposta.

Bernardo Varela “Os orzamentos provinciais para 2023 son unha nova oportunidade perdida para acometer un revulsivo para o que está acontecendo na provincia de Ourense”