O BNG acada o apoio da Deputación para demandar da Xunta e do Estado a recuperación de liñas e frecuencias de autobús e ferrocarril que ambas institucións eliminaron en Galiza e Ourense.
Bernardo Varela propuxo unha batería de medidas para garantir unha mellora na mobilidade a través de transportes públicos colectivo e articular o territorio e atender en especial zonas rurais, que só o PSOE se negou a apoiar.
Aprobase a declaración institucional impulsada polo BNG para declarar zona catastrófica as zonas afectadas polos lumes en Galiza
O voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela, demandou a recuperación dos transporte terrestres que se están eliminando tanto o goberno do Estado como a Xunta de Galiza nos últimos anos, tanto de bus como de ferrocarril, en especial a conexión coas zonas do rural.
O BNG puxo de manifesto os múltiples agravios que padece a veciñanza da provincia de Ourense e da Galiza á hora de poder desplazarse en transporte público, co desmantelamento das liñas, frecuencias, tarifas de ferrocarril, así como os agravios que supuxo o “Novo Plan de Transportes da Xunta de Galiza” que mudou itinerarios, paradas e horarias e integrou parte das liñas co transpote escolar, até o novo “Anteproxecto de Lei de Mobilidade Sostible por parte do MITMA” que propón un Novo Mapa Concesional que reduce drasticamente as liñas de transporte público sin ter feito antes proposta algunha que favoreza a mobilidade sostíbel nos territorios rurais, mentres sí se recolle en profundidade a busca de solucións para unha mobilidade urbana, incluíndo axudas e soporte económico para a mesma.
Varela fixo especial fincapé na necesidade de recuperar o tren das 6:45 entre Ourense e A Coruña, que aínda non foi recuperado, así como a recuperación de frecuencias, persoal, melloras de infraestruturas así como a recuperación de estacións e na necesidade de Instar á Xunta de Galiza a que asuma todas as competencias en materia de ferrocarril interior e ó Estado a realizar a dotación orzamentaria precisa para elo, tal como se fixo en outros territorios do Estado. E a creación dunha operadora ferroviaria pública galega “Galtren” a través da cal pór en marcha un servizo de trens de cercanías, recuperando as liñas abandonadas, mantendo e aumentando liñas, frecuencias e paradas, e creando novos apeadeiros en zonas de crecemento poboacional.
No referido ao transporte en buses, a organización nacionalista tamén acadou o apoio para que a Deputación de Ourense demande á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o mantemento das liñas de transporte e as súas frecuencias nas condicións en que se prestaban antes da recente aprobación do “Plan de Trasporte Público de Galicia”. Ou de ser o caso, a dar solucións alternativas os usuarios que as estaban a empregar nas mesmas condicións de frecuencias e costes
Así mesmo Varela acadou o respaldo provincial para esixir do Estado que deba recollerse con carácter previo á supresión das 23 paradas prevista no NMC, as solucións de mobilidade sostíbel, pública e de calidade para os habitantes destes e do resto dos concellos galegos referidamente aos dos entornos rurais, e os seus visitantes
“Desde o BNG apostamos por unha mobilidade que responda ás necesidades das galegas e galegos e que contribúa á vertebración e ao desenvolvemento do noso País, e todas esta medida contribúen a este obxectivo”. Razón pola que sorprende a negativa do PSOE a respaldar estas propostas.
Declaración Institucional de zona catastrófica
O BNG acadou o consenso de todos os grupos para que o ente provincial aprobe unha Declaración institucional para demandar do Estado a declaración de zona catastrófica das zonas afectadas polos lumes de Galiza co obxectivo de mobilizar todos os recursos posibles en defensa da veciñanza e os espazos naturais afectadas.
Conta Xeral
O voceiro do BNG fixo referencia a falta de previsión que mostrada pola Deputación de Ourense nos seus orzamentos, tendo unha previsión de orzamentado inicial de 79.700.000 € e rematouse aumentando, a través de modificacións de crédito, nun 60%
Varela tamén sinalou o difícil de entender ter un remanente de tesourería de 48 millóns de euros, un remanente de tesourería superior a outros exercicios cando a situación da provincia reflexa grandes carencias.
O voceiro nacionalista sinalou que se evidencia “unha problema de xestión da Deputación, ante as evidentes potencialidades da provincia de Ourense e a existencia de tal cantidade de fondos non é normal que estemos nunha provincia cada vez máis minguante.
Desde o ano 2009 Ourense perdeu o 9% da poboación, 30.419 residentes menos. É a provincia galega onde este problema se está dando con maior magnitude. De media en Galiza, durante estes anos, a poboación reduciuse un 3,5%. A provincia de Ourense practicamente triplica esta porcentaxe.