O BNG advirte que os expedientes de modificación de crédito 22 e 23P/2023 foron aprobados pola XGL pese ás advertencias do Oficial Maior accidental sobre a súa posible ilegalidade

LUIS SEARA, Portavoz municipal do BNG
Luís Seara, Portavoz municipal do BNG

Así se desprende da acta da Xunta de Goberno Local do pasado día 27 de novembro e onde o Oficial Maior accidental advertiu que os expedientes estaban incompletos, ao carecer do informe da Intervención Municipal e que, polo tanto, “o acordo que se adopte pode ser nulo de pleno dereito ou anulable”

O BNG advirte que os expedientes de modificación de crédito 22 e 23P/2023 foron aprobados pola XGL pese ás advertencias do Oficial Maior accidental sobre a súa posible ilegalidade

Ourense, 04 de decembro de 2023. Se por algo se caracterizou a semana pasada a nivel municipal foi pola intención do Goberno Local de aprobar dous novos expedientes de modificación de crédito, concretamente o 22P e o 23P/2023 e que pretendían mobilizar algo máis de 5,5 millóns de euros.

No Pleno convocado e celebrado o pasado martes día 28, tal e como lembra o Portavoz municipal Luís Seara, “o Grupo municipal do BNG advertiu que en ambos casos, faltaba o Informe fiscalizador da Intervención municipal, informe preceptivo e necesario para a correcta conformación dos expedientes e que ante a súa ausencia, o BNG non ía participar do Pleno como así ocorreu finalmente”.

O pasado venres e xa no Pleno ordinario, o Goberno Local volveu incluir ambos expedientes na orde do día pero nas mesmas condicións que no Pleno do martes, e dicir, sen estar informados pola Intervención, motivo polo que “nós non ratificamos a súa inclusión na orde do día para seren debatidos”.

O Alcalde volveu victimizarse acusando ao Interventor municipal e a Oposición por facerlle seguidismo e por negar crédito a cuestións que segundo cualificou “son de vital importancia para a cidade”.

No día de hoxe e unha vez coñecida a acta da Xunta de Goberno Local na que ambos expedientes foron aprobados, certifícase que o Oficial Maior accidental, advertiu antes da súa votación que os expedientes, “estan incompletos, ao carecer do informe da Intervención Municipal e, que, por tanto, o acordo que se adopte pode ser nulo de pleno dereito ou anulable, coas demais consecuencias xurídicas que estas declaracións poden conlevar noutros ámbitos do ordenamento xurídico”. Pese a estas advertencias, os membros da Xunta de Goberno Local decidiron aprobar os dous expedientes.

Para o Portavoz municipal do BNG a acta da XGL “é trememdamente reveladora e desmonta todo o argumentario de Jácome de querer victimizarse e de pretender establecer unha especie de contubernio entre o Interventor e a Oposición”, e engade, “xa non é que sexa a Intervención municipal a que advirta das irregulariedades na conformación dos expedientes, ou que o denunciemos desde o BNG negándonos ademais a ser partícipes, senón que na propia XGL, os membros do Goberno e o Alcalde sabían que o que estaban aprobando non se axustaba a dereito e aínda así decidiron continuar”.


 

O BNG advirte que os expedientes de modificación de crédito 22 e 23P/2023 foron aprobados pola XGL pese ás advertencias do Oficial Maior accidental sobre a súa posible ilegalidade