O BNG enmenda os orzamentos da Xunta para que Valdeorras deixe de estar discriminada polo PP

Roberto Quiroga, Noa Presas, María Albert, Suso Vilasanchez
Roberto Quiroga, Noa Presas, María Albert, Suso Vilasanchez

Noa Presas “o BNG está comprometido con Valdeorras, con Ourense e con poñer punto e final a unha discriminación do interior que ten nas fozas estatais o seu gran responsable”

Noa Presas traslada a preocupación do BNG ante as útlimas noticias de Irosa Samaca.

O BNG enmenda os orzamentos da Xunta para que Valdeorras deixe de estar discriminada polo PP

A deputada do BNG, Noa Presas; María Albert, alcaldesa da Rúa; Suso Vilasánchez, voceiro do grupo municipal do BNG do Barco e Roberto Quiroga, responsábel comarcal de Valdeorras compareceron ante os medios de comunicación para avanza as propostas do BNG para corrixir a discriminación de Valdeorras nos Orzamentos da Xunta para o ano 2024

A deputada  declaraba  que “é  absolutamente impresentable que nos orzamentos da Xunta haxa apenas medio millón para un hospital do Barco que precisa reforzos materiais e humanos, que non haxa propostas para a restauración medioambiental, que non haxa propostas industriais pese ao liderado da comarca e que non se aborden problemas estruturais como os das infraestruturas viarias.

 A deputada nacionalista presentou unha batería de enmendas ante os medios coas que conquerir o fin da discriminación de Valdeorras nos orzamentos do PP na Xunta, empezando por blindar o dereito a unha sanidade pública de primeira, cunha dotación de persoal, atendendo especialmente a mellora de HADO, a dotación de persoal de radioloxía e a aposta por unha unidade de pneumoloxía e psilicose e mellorar a atención das urxencias cunha nova ambulancia de soporte vital avanzado.

Suso Vilasánchez, María Albert, Noa Presas, Roberto Quiroga
Suso Vilasánchez, María Albert, Noa Presas, Roberto Quiroga

 Pero tamén, continuaba sinalando Presas, é  necesario apostar pola reparación ambiental como motor económico. “Apostamos por un ambicioso plan de recuperación das zonas queimadas, pois a día de hoxe Valdeorras aínda non foi reparada polos danos dos graves incendios de 2022.  “E preciso ademais investir en prevención, executando franxas de cortalumes verde e incorporando pastoreo. Apostando tamén por desenvolver o potencial da Serra da Enciña da Lastra. E polo saneamento dos ríos Sil e Casoio.”

Desde a fronte nacionalista tamén presentaron enmendas para cumprir coas demandas históricas no ámbito das infraestruturas.  Pediron  que a Xunta aposte por despregar adecuadamente a cobertura de banda larga e 5G acabando coas zonas escuras. E comprometer máis investimento para para a mellora da OU-533

Estas emendas trasladan as demandas da sociedade valdeorresa que recolleron con esmero Suso Vilasánchez, concelleiro no Barco e o grupo municipal e tamén María Albert, alcaldesa da Rúa e o seu equipo coordinados por Roberto Quiroga, responsable comarcas. Responsables políticos e orgánicos comprometidos con traballar por e para Valdeorras como amosou con intensidade María nos anos nos que estivo no Parlamento Galego traballando con intensidade. Afirmaba Noa Presas que remataba agradecendolles a eles o seu enorme traballo.

.

 

PREOCUPACIÓN ANTE A ÚLTIMA HORA DE IROSA SAMACA

Ante a última hora coñecida na tarde do mércores de que previsiblemente se consume mañá mércores 29 de novembro o desafiuzamento da empresa, o BNG expresa a súa preocupación e comparte a inquedanza dos traballadores cando inicialmente se informara de que co acordo non se celebraría. Noa Presas lamenta que neste conflito a Xunta estivese ausente e se negase a impulsar unha mesa de traballo “pois o papel mediador da administración galega sería agora unha garantía que non temos” e agarda que finalmente haxa unha solución e se manteña a actividade, pois sería demoledor para o conxunto da comarca o contrario.

O BNG enmenda os orzamentos da Xunta para que Valdeorras deixe de estar discriminada polo PP