O BNG alerta da desaparición de parte da estatua de Bóveda na rúa da Barreira

ESTATUA COMPLETA
Estado orixinal da estatua, obra de Buciños

Na estatua pódese apreciar a ausencia dunha serie de elementos ornamentais, nomeadamente os gromos de carballo, situados na parte superior e que son parte fundamental da mesma ao darlle sentido á escultura

O BNG alerta da desaparición de parte da estatua de Bóveda na rúa da Barreira

Ourense, 08 de xullo de 2021. O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense chama a atención sobre a falta dos elementos ornamentais, concretamentes os gromos de carballo, parte fundamental e que lle da sentido á escultura, presentes na parte superior da estatua homenaxe a Alexandre Bóveda, obra de Buciños, sita na rúa da Barreira, fronte a súa casa natal.

Os nacionalistas queren saber se estamos diante dun novo atentado non só ao patrimonio artístico da cidade, senón tamén a nosa memoria histórica, ou pola contra, se se trata dunha actuación de conservación por parte do concello, motivo polo cal, veñen de solicitar información ao actual Goberno Local.

No BNG queren que se clarexe canto antes esta cuestión, ao tempo que fan unha chamada ao Goberno Local para que poña todo o seu empeño na preservación do patrimonio cultural da cidade. Segundo Luis Seara, "non é de recibo que sigamos a ver estampas como a da estatua do Carrabouxo, no Parque de San Lázaro, tapada por parasois, ou que a día de hoxe descoñezamos o paradoiro da estatua de Arturo Baltar no Parque Miño".

ESTATUA A DÍA DE HOXE

O BNG alerta da desaparición de parte da estatua de Bóveda na rúa da Barreira