O BNG demanda unha empresa pública galega de enerxía
Bernardo Varela afirma que a necesidade de xestionar desde o ámbito público galego a enerxía que se xera en Galiza é unha prioridade estratéxica de carácter enerxético, económico e tamén ecolóxico
Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, volve demandar ante pleno provincial a necesidade de crear unha empresa publica galega de enerxía que debe constituírse cos activos hidráulicos coa concesión vencida, “non hai xustificación para que estas centrais sigan xestionadas por mans privadas, algunhas desde hai máis de un século”; e tamén cun mínimo do 20% da enerxía producida nos parque eólicos que se instalen en Galiza, “como acontece noutros Estados da Unión Europa.”
Para atallar o problema da “estafa eléctrica” que supón que Galiza sendo un dos principais territorios produtores de enerxía sexa onde máis cara é a factura eléctrica, presentaba o grupo provincial do BNG de Ourense no mes de xuño unha moción na que demandaba a necesidade urxente de establecer, xunto a esta empresa, unha tarifa eléctrica galega, similar ás que hai noutros territorios do Estado español como o caso de Pais Vasco e Estremadura; así con regular o prezo electricidade en función da tecnoloxía que a producise, desgraciadamente os grupos maioritarios non estiveron disposto a apoiar ningunha destas medidas.
Ourense concentra 25 dos 45 encoros de gran hidráulica que hai en Galiza, que produce o 25% da enerxía hidráulica do Estado. Un claro exemplo de como de como a expansión enerxética sen unha planificación acordo coas necesidades da poboación e cos interese galegos e galegas levou a desertizar unha parte importantes do país, e nomeadamente de Ourense, e non serviu para fixar poboación” indica Varela. Neste sentido o voceiro provincial do BNG advirte que é algo que non debe volta a acontecernos, como de feito está pasando cos muíños de vento, cuia instalación debería respectar ante todo os interese do Pobo Galego, desde punto de vista medioambiental, social e económico. Pondo estes en todo momento por diante das expectativas unicamente especulativas das grandes empresas eléctricas.
A realidade tornou aínda máis acuciante a necesidade dunha empresa pública galega de enerxía, pondo de manifesto que dita empresa pública xa non só é estratéxica para Galiza desde o punto de vista enerxético e económico senon tamén medioambiental.
Tamén a inacción das administración ante xestión dos nosos rios, fixo máis evidente a necesidade de que os nosos cauces fluviais deben estar baixo xestión directa galega, indica o voceiro do BNG, polo que demandaremos que o ente provincial inste á Xunta a asumir a xestión directa dos nos rios e bacias que actualmente se controlan desde Madrid. “Sen esquecernos que deben esclarecerse as responsabilidades públicas ou privadas, galegas ou estatais cunha comisión de investigación do parlamento”, que xa sendo demandada polo BNG no parlamento galego, tamén debe ser solicitada ao mesmo desde a administración provincial.
Orzamentos provinciais sen consenso nin diálogo
O voceiro provincial do BNG solicitaba no mes de setembro á presidencia da Deputación de Ourense unha xuntanza con representantes de todos os grupos políticos con representación no ente provincial para achegar posturas a respecto dos problemas provinciais de cara a configurar uns orzamentos inclusivos.
Ao grupo provincial do BNG chegoulle a proposta dos orzamentos da Deputación antes que ningunha contestacións ao súa solicitude. Uns orzamento que continúan mantendo unha clara aleatoriedade e discrepcionalidade, mentres tratan as administracións municipais como menores de idade, incapaces de xestionar as súas prioridades.
A necesidade de atender a criterios obxectivos no reparto de fondos faise máis imprescindíbel nun contexto no que se pretende a recuperación económica, porén a Deputación provincial continúa facendo un reparto desigual na que non se atende de forma equitativa a todos os concellos da provincia.