O BNG denuncia que o Concello está chamando ás e aos usuarios do programa “comedor sobre rodas” para advertilos de que a partir do día 28 de marzo deixará de prestarse o servizo

Concelleira BNG, Rhut Reza
Concelleira BNG, Rhut Reza

A Concelleira nacionalista Rhut Reza considera que o Goberno Local “amosa unha vez máis unha falla total e absoluta de planificación pois sabían que o contrato coa empresa remataba a finais deste mes”, e engade, “o Goberno Local non repara en gastos para orquestras e festas ao tempo de deixa sen servizos a quen máis o precisa”

Reza lembra que o Concello ten enriba da mesa desde o mes de xaneiro a posibilidade de asinar un convenio co Consorcio Galego de Benestar da Xunta de Galiza para a prestación do servizo a través do programa “xantar na casa”

O BNG denuncia que o Concello está chamando ás e aos usuarios do programa “comedor sobre rodas” para advertilos de que a partir do día 28 de marzo deixará de prestarse o servizo

Ourense, 15 de marzo de 2024. O Grupo municipal do BNG denunciou esta mañá que segundo lle trasladaron varias usuarias do programa comedor sobre rodas que presta o Concello de Ourense, recibiron chamadas por parte da institución municipal para informalas de que a partir do día 28 de marzo, “o Concello deixará de prestar o servizo”.

A Concelleira Rhut Reza ten claro que “con esta chamadas compróbase unha vez máis a falta de total e absoluta de planificación do actual Goberno Local pois coñecían que o contrato coa empresa que presta actualmente o servizo a un total de 60 persoas, cifra que por outra banda foi minguando ano a ano xa que chegou a ter preto de 400 usuarias e usuarios, remata a finais deste mesmo mes”.

Segundo Reza “vese como o Goberno municipal recorta de novo en Servizos Socias, deixando de lado ás veciñas e veciños máis vulnerábeis ao tempo que gasta centos de miles de euros en orquestras e festas”.

Desde o BNG pídenlle ao Goberno Jácome “que rectifique, que manteña a prestación do servizo ás persoas usuarias e que non as deixe tiradas”, ao tempo, lembran que “o Concello ten desde finais de xaneiro enriba da mesa a posibilidade de asinar un convenio co Consorcio Galego de Benestar para a prestación do servizo a través do programa xantar na casa”.

O BNG denuncia que o Concello está chamando ás e aos usuarios do programa “comedor sobre rodas” para advertilos de que a partir do día 28 de marzo deixará de prestarse o servizo