O BNG emenda as Bases de Execución dos Orzamentos da Deputación de Ourense para regular o cobro de indemnización por asistencia a órganos colexiados.

Xosé Manuel Puga, concelleiro do BNG de Ourense e deputado provincial do BNG na Deputación Ourense
Xosé Manuel Puga, concelleiro do BNG de Ourense e deputado provincial do BNG na Deputación Ourense

Xosé  Manuel Puga “ Esto  faise porque hai unha persoa que reiterada e sistematicamente non cumpre coas súas obrigas e funcións de deputado provincial, é algo que non debera existir,  salvo que o seu único interés sexa cobrar quince mil euros”

O BNG emenda as Bases de Execución dos Orzamentos da Deputación de Ourense para regular o cobro de indemnización por asistencia a órganos colexiados.

Xose Manuel Puga, concelleiro do BNG no concello de Ourense e Deputado provincial do BNG na Deputación de Ourense, compareceu ante os medios de comunicación para dar a coñecer as emendas presentadas a dous documentos paralelos á aprobación dos orzamentos do ente provincial, e aos que o grupo nacionalista presentou unha emenda á totalidade. Por unha banda emendamos as bases de execución dos orzamentos da Deputación e por outro presentamos emendas ás bases de execución do Plan Cooperou, sinalaba Puga.

A primeira modificación proposta polos nacionalista é emenda de engádega á base de execución número 88, na que se fixan as indemnizacións ás persoas que forman parte de órganos colexiados da Deputación de Ourense, por asistencia a plenos, comisións e Xuntas de Goberno e na que o grupo dos nacionalista  propoñen que “para ter dereito á percepción da dieta por asistencia a estes órganos colexiados a persoa membro de calquera deles ten que estar presente o 70% do tempo total de duración e no 90% das votacións do mesmo órgano colexiado”. Puga afirmou que o grupo nacionalista ampárase no informe do Consello de Contas da Xunta de Galiza  do 21 de abril de 2023, que establece que estas indemnizacións percíbense pola asistencia efectiva a estes órganos e que será regulada no regulamento orgánico correspondente ou na propias bases de execución.

Tal como sinala o deputado do BNG “un deputado sen adicación exclusiva e que non forme parte do goberno provincia pode chegar a cobrar ao ano 15.000 euros por asistencia”, e  engadía que esta medida non debera ser preciso establecela por ser unha cuestión que debería ser unha responsabilidade política de todos, porén “esto faise porque hai unha persoa que reiterada e sistematicamente non cumpre coas súas obrigas e responsabilidades de deputado provincial”. Queda, indican os nacionalistas, en mans do máximo órgano da Deputación, o pleno, a responsabilidade e entendemos que todos os grupo deberán estar de acordo neste punto.

A segunda emenda presentada polos nacionalistas é a emenda á base de execución número 119 co obxecto de eliminar as axudas nominativas e substituílas polas de concorrencia competitiva. Faixe dunha forma propositiva e non eliminando por completo as axudas nominativas, propoñendo reducilas ao un 8% dos capítulos 4 e capítulo 7 co obxecto de ir a futuro reducindo esa porcentaxe. Con esta emenda o goberno aínda disporá de dous millóns de euros para nominativas, pero co horizonte de reducilo a cero euros.

As outras dúas emendas que realizan os nacionalistas son ás bases de exección do Plan Cooperou, ao plan de obras.  Sendo a primeira modificación á base cuarta coa que os nacionalistas aumentan o plan COOPEROU a 21.710.00€ e na que a asignación variable se dote con 12.730.000€, tal como explicaba o voceiro do grupo provincial nacionalista Bernardo Varela no día de onte ao expor a emenda á totalidade dos orzamentos da Deputación, na que xuntamente demandou un plan de emprego de dous millóns de euros e o aumento das axudas á loita contra a violencia machista.

 A derradeira emenda é á base de execución do plan cooperación é á base décimo primeira, unha base que pretende sobrepublicitar a unha institución a través das obras que se financian cos cartos de toda a veciñanza, sinalou Puga na comparecencia que continuou indicando “ que o que se pretende coa nova redación presentada polo goberno provincial é que sexa publicitadas todas as obras en redes e con carteis “infernais” que botan meses e anos afeando a nosa orografía. Desde o BNG propoñen que isto sexa modificado  e figure só en webs ou carteis cunha duración máxima de 6 meses.

O BNG emenda as Bases de Execución dos Orzamentos da Deputación de Ourense para regular o cobro de indemnización por asistencia a órganos colexiados.