O BNG evidencia en pleno provincial a manipulación do PP de Ourense tratando inútilmente de opacar a problemática situación da Atención Primaria provocada pola Xunta de Galiza
Bernardo Varela evidenciou a falta de médicos de atención primaria polas condicións laborais e económicas a que se ven sometidos os profesionais.
O voceiro do Grupo Provincial do BNG, Bernardo Varela, denuncia o novo intento de encubrir a realidade sanitaria de Ourense por parte do PP de Baltar, que ante propostas de solucións presentadas polo grupo nacionalista negase a asumir a realidade.
Varela resaltou que dos noventa MIR que finalizaron a súa formación, non quedan nen a metade, corenta, 12 aínda non se decidiron, 20 marchan a urxencias e o resto marchan do País. “É urxente tomar medidas, porque a Atención Primaria é a base, e a atención de Urxencias acaba saturada sen este primeiro filtro, con semanas de agarda para unha cita”. Polo que demandar máis prazas MIR como solución a todos os problemas como fai o PP, non semella ser unha solución realista se estes novos profesionais unha vez que están formados van coller as maleta, indicou o voceiro nacionalista que continuou a decir que tampouco e realista demandar exclusivamente máis prazas MIR cando non hai médicos dispostos a asumir as funcións de tutores para formar novos profesionais, pois suponlles deixar desatendidos aos seus pacientes.
Desde o BNG denunciouse o neglixente recorte de fondos na sanidade pública galega que acometeu o Partido Popular, até o punto de que a día de hoxe a sanidade pública do noso País conta conta con 47 millóns de euros menos que fai trece anos, o PP de Ourense negase a apoiar a demanda dos grupo nacionalista para que a Xunta de Galiza aumente o orzamento destinado á Atención Primaria ate chegar ao 25%. E No inmediato aumentar o 2.2% (máis de 200 millóns de €) para chegar á media do Estado.
Tras presentar o grupo nacionalista unha bateria de propostas ao pleno coas que mellorar a grave situación que o PP de Galiza xerou na sanidade galega, como xestor desta competencia exlusiva, o PP de Baltar decidíu xogar a agachar as súa responsabilidade atacando a outras outras administracións e agachando calquer responsabilidade, fiando todo a un problema co número de prazas MIR.
“Pretendese que aceptemos como normal a falta de atención, días de espera para ter unha cita, miles de galegos sen médico de referencia, os PACs sen médicos, os e as nosos nenos e nenas sen atención pediátrica, ou que as ambulancias non cheguen a tempo, e as urxencias dos hospitais estean saturadas.”
Mentres isto ocorre, hai un drenaxe constante de pacientes á sanidade privada, para quen poida pagala, e quen non, fica agardando ata próxima chamada. Desde o BNG non podemos asumir isto como fai a Xunta a de Galiza.