O BNG lamenta que o PP siga respaldando un modelo de consumo baseado nas grandes superficies perxudicial para produtores locais e comercios de proximidade

Bernardo Varela,  e Iago Tabarés deputado do BNG e representantes do BNG en Celanova
Bernardo Varela e Iago Tabarés, deputado do BNG e representantes do BNG

Bernardo Varela, voceiro do BNG na Deputación de Ourense, conseguiu concitar o apoio na Deputación da maioría das propostas do BNG en defensa dos produtores e comercio local.

PSOE, DO e PP  votan en contra da proposta do BNG de establecer un imposto ás grandes áreas comerciais  que xa se aplica noutras comunidades autónomas.

O BNG lamenta que o PP siga respaldando un modelo de consumo baseado nas grandes superficies perxudicial para produtores locais e comercios de proximidade

O BNG ven de defender no pleno na Deputación de Ourense  o comercio de proximidade e aos produtores locais.  “O contexto da actual pandemia agravou unha situación crítica que xa viñan aturando os comercios e produtores de proximidade, ou galego”  indica o veiceiro do gurpo provincial do BNG.

 

O BNG acadou o consenso do pleno na maioría das propostas en defensa do comercio de proximidade e produtores locais, entre elas  que se elabore un censo de produtores locais en cada un dos concellos da provincia e que se lles dea a difusión precisa entre a veciñanza e comerciantes locais para favorecer as sinerxias entre os mesmos. “Non basta con ter un comercio de proximidade, aínda sendo isto importante, é preciso contar cunha produción local forte: gandeiros, agricultores, artesáns etc que poidan manter a súa actividade e non perdan colleitas ou a súa produción pola dificultade para vendelos nas cadeas de supermercados e tendas de mercados locais. Ou que estes queden desabastecidos de produtos KM0  pola falta de coñecemento dos productos que se producen e/ou elaboran á súa porta. Pois en algúns casos, o descoñecemento dos nosos produtores máis próximos déixaos nunha clara desvantaxe ante grandes superficies e provedores moito máis visibles.” xustificaba Varela na defensa da proposta.

 

O consenso inicial esvaeuse ao abordar a fiscalidade e perniciosidade das grandes áreas comerciais para o comercio e produción local. Nesta liña o BNG propuxo que a Deputación desincentivase a instalación de grandes superficies comerciais  na nosa provincia  e demandase da Xunta de Galiza facer o mesmo. Á par que demandou da Deputación instar a Xunta de Galiza á creación dun imposto ás grandes superficies, o que permitiría recadar máis de 30 millóns de euros no noso país. Un gravame do que o PP puxo en dúbida a súa legalidade, a pesar de aclararlle o veceiro nacionalista que “este imposto xa se está aplicando en Asturias, Aragón e Cataluña, e mesmo está abalado polo Tribunal Supremo na sentenza núm  1590/2019 do 14 de novembro de 2019 e respaldado polo Tribunal de Xustiza da UE, consultado ao respecto polo Supremo, que estimou a legalidade deste tipo de impostos.” Alegaba o voceiro do grupo provincial do BNG no pleno da Deputación. 

 

“Levamos tempo alertando da imposición, por parte do Goberno do PP, dun modelo de consumo ao servizo das grandes áreas comerciais de capital foráneo, que nos empobrece, atenta contra a nosa saúde, e mesmo xera hábitos de vida e de ocio deshumanizados” afirmar Varela, “porén lamentamos que o PP, como grupo de goberno, siga respaldando este modelo de consumo neste contexto, ainda que non nos sorprendeu a súa negativa”

 

Para o voceiro nacionalista cabe lembrar “que ante unha medida tan concreta e legal, respaldada polo Tribunal Supremo e a xustiza europea, e que xa están aplicando outros territorios do Estado, incluso gobernados polo PSOE, como en Asturias e Aragón, a postura e o voto de  PSOE de Ourense e DO foi a mesma que a do PP de Baltar, en contra do gravame ás grandes áreas comerciais.  Negándose a priorizar o pequeno comercio fronte ás grandes superficies.” 

 

Bernardo Varela remarca que “o noso obxectivo é que as persoas produtoras obteñan o máximo beneficio, e que as actividades agrarias, gandeiras, artesáns, e tamén a pesqueira e marisqueo, a  través da súa transformación e comercialización, sexan un factor de xeración de emprego e dinamización económica neste país. Polo que a cadea de produción, distribución e comercialización de proximidade, ou galega, ten un carácter estratéxico para potenciar a nosa economía, dinamizando as nosas cidades, vilas, e asentando poboación nos nosos pobos cun rural produtivo, rentable e rematar coa dependencia que sofre Galiza tamén no referente ao abastecemento básico de alimentos.”

O BNG lamenta que o PP siga respaldando un modelo de consumo baseado nas grandes superficies perxudicial para produtores locais e comercios de proximidade