O BNG logra a unanimidade da Deputación para nomear ás Doutoras Antonia Ferrín e Marisa Crespo como as primieras Fillas Predilectas da provincia de Ourense
Bernardo Varela viña denunciando o desigual recoñecemento institucional que a Deputación ten entre homes e mulleres e reivindicou un recoñecemento xusto para as mulleres que valorizan Ourense como a astrónoma Antonia Ferrín e a cardióloga Marisa Crespo.
O voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela, tras denunciar en varios plenos e comisións o esquecemento institucional que esta provincia ten cara as mulleres, trouxo ao pleno do mes de febreiro a primeira proposta se nomeamento de fillas predilectas da provincia de Ourense.
A proposta do BNG foi aprobada por unanimidade do pleno provincial de Ourense que o voceiro nacionalista agradeceu a todos os grupos políticos.
“Existen sen lugar a dúbidas outras moitas mulleres e colectivos femininos merecentes destas distincións, sinalaba Varela, mais tamén é certo que non foron estas escollidas ao azar, senón que na procura de referentes sociais nos ámbitos científicos nos que o papel da muller é cada vez mais representativos, pero que como ben indicaba fai pouco nunha entrevista Ana Fernández destacada oncóloga alaricana, participante no programa “Conócelas” que procura a busca de vocacións científicas femininas, a realidade sigue a ser que “O maior peso investigador recae nas mulleres, pero non se reflexa nos cargos”
Doutora Antonia Ferrín Moreiras nada no Carballiño no 1914 e falecida en Santiago de Compostela no 2009, a que foi primeira muller en ler unha tese doutoral sobre astronomía no Estado español, no 1963, tamén a primeira tese que foi defendida sobre a materia na facultade de matemáticas da USC, onde se licenciara e fixera ó tempo a carreira de Maxisterio. Licenciada en Químicas e Farmacia, chegou a ser depurada como mestra no 37, polo réxime franquista. Como primeira astrónoma titulada no Estado e discípula avantaxada de D. Ramón María Aller, os seus principais traballos foron sobre ocultacións estelares, medidas de estrelas dobres e determinación de pasos por dúas verticais. Foi polo tanto profesora na USC, catedrática numeraria de matemáticas na Escola de Maxisterio Santa María de Madrid, ademais de estudante, investigadora, mestra e sobre todo muller nun entorno social onde as mulleres o tiñan aínda moito mais complicado ca hoxe. Mesmo a día de hoxe a Universidade de Vigo concede un premio á igualdade de xénero co seu nome. Porén o seu nome é un de tantos ignorados pola cidadanía en xeral e obviado até o momento pola Deputación de Ourense, que entendemos debe ser posto en valor, pola vía do seu recoñecemento como filla predilecta a título póstumo dados os seus múltiples méritos e merecementos.
A Doutora Marisa Crespo Leiro, no campo da medicina tamén é un referente de Ourense; é nada en Cea en 1961. Referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutorada pola Autónoma de Madrid, xefa do servizo de insuficiencia cardíaca do Hospital Universitario da Coruña, coordina o grupo de investigación de IC avanzada y TC del instituto de Investigación Biomédica da A Coruña (INIBIC), así mesmo é xefa de grupo no CHUAC do Centro de Investigación Biomédica en Red Cardiovascular (CIBERCV) do Instituto da Saúde Carlos III. Leva publicados máis de 250 artigos e foi mestra en distintas Facultades de Medicina. Recoñecida en diferentes ámbitos internacionais e asociacións de cardioloxía, foi coordinadora do Rexistro Europeo de Insuficiencia Cardíaca ata o ano 2016, a doutora Crespo Presidiu a sección de Insuficiencia Cardíaca e Transplante Cardíaco da Sociedade Española de Cardioloxía entre o 2003 e o 2006, foi recoñecida pola Xunta de Galiza coa medalla Castelao e nomeada filla predilecta do seu concello de nacemento
Modificación de crédito discrecional e plan de obras insuficiente
Ante o modificación de crédito que se levou a pleno de 20 millóns de euros o voceiro do grupo provincial do BNG manifestou a desconformidade do nacionalismo con este modelo de reparto tanto para asociacións como para os propios concellos.
“É un sistema que non respecta ningún tipo de criterio equilibrado e ecuánime según as necesidades dos concellos, un modelo de reparto que dista moito das outras tres entidades provincias galegas, onde existe Plan Provincial onde os concellos saben de antemán os fondos que van poder conquerir en base a un criterios obxectivos como poboación, dispersión, avellentamento poboacional e superficie”
Con este modelo queda ao criterio do presidente da deputación a necesidade ou non dos fondos destinados aos concellos como a entidades doutro tipo. “Agardamos que esto mude no curto prazo, coa oportunidade que brindan as eleccións municipais do mes de maio, mostrando o seu rexeitamente a un modelo de reparto decimonónico e caciquil” .