O BNG reafirmase na necesidade dunha empresa pública enerxética galega
Dendo BNG desgraciadamente temos que reiterar que ante o esperpéntico incremento dos prezos da luz, PP e PSOE continúan a esconder tras unha cortina de fume a súa responsabilidade e non apostan pola creación dun operador público de enerxía galego. Mentras en paralelo permiten o espolio dun ben público como é a auga, sin que as administracións responsables poñan límite a estos abusos. E permiten o que xa poderíamos considerar sen ambaxes como un enriquecemento ilícito por parte das grandes empresas eléctricas.
Namentres si non fora suficiente o roubo da auga dos nosos ríos, estáse a preparar en paralelo outro acto de piratería coa implantación descontrolada de megaparques eólicos en Ourense e Galiza. Privatizando neste caso o vento que enriquece o territorio de todolos galegos e galegas, coa complicidade do Goberno do Estado e a Xunta de Galiza, PSOE e PP que sempre deixan facer a unhas empresas que cada vez se senten máis poderosas e xa nin semellan respectar os caudaiss ecolóxicos mínimos.
Desde o grupo provincial do BNG, Bernardo Varela observa con preocupación que a pesares das reiteradas advertencias trasladadas nas institucións e de cara a cidadanía nos últimos anos polo Bloque, os peores pronósticos vense superados día tras día, e a falta de capacidade absoluta de control por parte das administracións fai que as grandes corporacións eléctricas cheguen a amenazar xa non só ás economías familiares senon tamén o tecido productivo do País, que difícilmente será quen de soportar este incremento tarifario sen fin.
Para chegar a comprender o atraco, baste indicar que o ano pasado por estas datas as empresas de xeración hidroeléctrica poñían no mercado o MegaWatio por entorno os vinte euros, gañando cartos. Este ano coa mesma materia prima (a auga dos nosos encoros) venden ese mesmo MW a mais de 120 €, sacando tempo para decir que non ganan mais diñeiro. As propostas defendidas polo BNG no pleno provincial da Deputación de Ourense, no mes de xuño, para establecer uns novos criterios na fixación do prezo da luz: como que o prezo da enerxía se estipule en función dos custo de xeración de cada tecnoloxía, e non como actualmente, en que as tecnoloxías máis caras son as que marcan o mesmo, permitindo que o oligopolio eléctrico condicione un mercado sen que outro actor (unha empresa pública galega, como as que hai en Francia, Italia, Alemania, …) sirva de contrapunto.
Por eso unha vez mais, reiteramos que a recuperación para o sector público de todos aqueles saltos hidráulicos cuias concesións están a piques de caducar, debe ser un obxetivo da sociedade galega, e polo tanto dos partidos políticos que a representan. Desgraciadamente a PP e PSOE nin están, nin se lles agarda nesta demenda. Namentres a sobre explotación dos recursos hídricos dos encoros entregados na época da dictadura o sector privado, compromete a calidade ambiental dos ríos que suministran a auga á veciñanza e impiden a compatibilización do seu uso para actividades lúdicas.
Despois de semanas marcando máximos históricos nos prezos da electricidade, afirma Varela, non é aceptable “que Partido Popular e PSOE sigan de perfil mentres se negan a apoiar as solucións que desde o BNG se poñen enriba da mesa, permitindo que o oligopolio eléctrico marque os prezos deste ben básico”
“Desde o nacionalismo galego levamos moito tempo defendendo que a enerxía é un ben público e non pode estar sometido á especulación. E para garantir que isto sexa así é necesario recuperar a participación pública dun sector que non pode estar só en máns dun oligopolio.” Indica o voceiro nacionalista.