Luis Seara: "Jácome e o PP deberán explicar porqué avalan este procedemento antidemocrático e ilegal"
"Seguimos tendendo a man ao goberno para abrir canles de diálogo co obxectivo de buscar o mellor acordo para os intereses de Ourense e do conxunto da veciñanza"
Ourense, 26 de agosto de 2021. Ao longo destas semanas, debatimos abondosamente sobor da expediente de modificación de créditos. Se algo quedou claro foi que o que se trouxo a aprobación, e que foi rexeitado pola maioría do Pleno, no era outra cousa que un orzamento camuflado, como así recoñece o propio alcalde na súa proposta.
Jácome fixoo coa seguridade de que aínda que non prosperara a súa proposta, como así foi, podería vinculalo a unha cuestión de confianza, e así, co beneplácito do PP, aprobalo automáticamente sabedor de que os Populares non ían pór problemas.
É a política de terra queimada. Esa política que consiste en arrasar, absolutamente todo para que os que veñan no futuro se atopen un solar. O PP avala esta irresponsabilidade, a pesares de non ter votado a favor nin do expediente nin da Confianza ao alcalde, converténdose non so en cómplices de tamaño despropósito, senon tamén en cooperadores necesarios.
Desde o primeiro momento fomos moi críticos, tanto co fondo, ao supór unha ameaza para a viabilidade económica do concello, presente e futura como coa forma na que se tramitou pois entendemos que nunha cuestión de tanta transcendia, debería ter primado o diálogo entre goberno e oposición. Non foi así, e daqueles barros, estos lodos.
O BNG xa denunciou que con esta decisión, dando por rematado o proceso, estase non so a conculcar a lei, senon tamén a obviar unha sentenza do tribunal supremo, a 784/2015 de 13 de febreiro, que dí que a aprobación do expediente de modificación de crédito debe considerarse con carácter inicial, co obxecto de que calquera cidadán, poida presentar, se así o considera, alegacións
Nesta fuxida cara adiante, Jácome e o PP agárranse como un náufrago a unha taboa, facendo seu un informe cuestionable. Informe que é un compendio de medias verdades así como de xuízos de valor. Obvia o que dí unha sentenza do máximo órgano xurisdicional, e aférrase á parte da sentenza que lle interesa, é dicir os votos particulares, dándolle máis valor a estes que á propia sentenza.
Non deixa indiferente que se asevere o seguinte: evidentemente o problema xorde porque no probable caso de que estas alegacións sexan presentadas, resulta previsible que o pleno poida estimalas, quedando sen virtualidade algunha a cuestión de confianza Que unha presunción se convirta nun argumento de peso para un informe é tan sorprendente como pouco rigoroso. Igualmente pouco afortunados son os exemplos doutras sentenzas ás que se fai alusión no informe.
Este informe é asumido polo Goberno, e algún concelleiro da oposición, para a comisión dunha arbitrariedade, que ao noso xuízo, é contraria a dereito.
Chegado este punto, e posta na balanza todos os elementos, tiñamos 2 posibilidades:
Dar por finiquitada esta cuestión,, a pesares das flagrantes e evidentes ilegalidades, permitindo que se despilfarre a mantenta o diñeiro público. E dous, denunciar como o alcalde, co beneplácito do PP, non so conculca as leis, pasándose polo forro as resolucións xudiciais que non son do seu agrado, se non, ademáis, de como intenta amordazar ao Pleno, deixandoo como un instrumento puramente ornamental.
Evidentemente nós escollemos a segunda, por responsabilidade co concello e coa veciñanza Polo tanto, querémosvos anunciar:
1. Que imos presentar un recurso de reposición, para que o órgano que tomou esta decisión, lesiva e claramente antixurídica, reconsidere a súa posición.
2. Ao mesmo tempo, ímoslle dar traslado aos organismos que poden evitar que se cometa este atropello para que actúen, como así establece a lei de bases de réxime local, en defensa do ordenamento xurídico. Estamos a referirnos á Dirección Xeral da Administración Local de Galiza e a Subdelegación do goberno.
3. Seguimos tendendo a man ao goberno para abrir canles de diálogo co obxectivo de buscar a mellor solución para os intereses do conxunto da veciñanza. Nese sentido dicímoslle ao alcalde que nos diga día e hora para sentármonos a falar. A nosa predisposición ao diálogo e a busca da mellor solución para a cidadanía ten sido, é e será unha prioridade.