O BNG reclama do goberbo español máis cartos para fomentar o emprego e políticas sociais
As emendas da cidade céntranse no termalismo e na reforma da Praza de Abastos
O BNG presenta este ano emendas aos orzamentos do Estado que ascenden a 2.470 millóns de euros e que se centran, sobor de todo, nas políticas de fomento do emprego, na protección social e en servizos relacionados co ensino.
A deputada Olaia F. Davila explicaba esta mañá que as políticas de recortes seguen manifestándose nos sectores básicos algo que contrasta co optimismo do goberno de Rajoy que se farta de dicir que España medra e que no 2015 se van recadar 5.000 millóns máis de euros porén puxo como exemplo que o Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais minora o seu orzamento nun 5,6%.
Para a deputada nacionalista, o empobrecemento social é unha evidencia da que non se alerta só dende o BNG senón que confirma a UE, o Banco Central e diferentes organizacións humanitarias. Tamén e un feito constatábel a precarización laboral e por iso se fai fincapé en inxectar máis cartos en reforzar as políticas activas de emprego.
Olaia F. Davila advertiu tamén dos imcumprimentos a que nos ten acostumadas-os o goberno do PP quen logo de aprobar os orzamentos aplica máis recortes salvo no Ministerio de Defensa ao que puxo como exemplo das mentiras de Rajoy que por unha banda di que manten o orzamento e por outra anuncia unha modificación de crédito para gastos militares xa comprometidos.
Neste senso tamén se manifestaba o portavoz no Concello de Ourense, Xosé Somoza que poñía como exemplo o espazo cultural de San Francisco como obra con orzamento consignado pero non executada.
En canto as emendas concretas da cidade de Ourense, Somoza apuntou á reforma integral da Praza de Abastos cun orzamento para o 2015 de 205.000 e a creación dun Observatorio de Termalismo, Saúde e Enerxía cunha consignación inicial de 200.000 pero enmarcado nun plan plurianual a 4 anos no que un convenio entre a Universidade e o Ministerio de Educación dean contido ao Edificio do Campus da Auga que se empezará a construir próximamente. Recalcaba Xosé Somoza que o termalismo é sector estrátéxico do noso despegue económico mais non só entendido ligado ao turismo senón tamén á saúde e á enerxía.