O BNG reclama o fraccionamento da modificación de crédito de 25 millóns de euros proposta polo Goberno Local en varios expediente distintos

Xosé Manuel Puga, Rhut Reza, Luís Seara e Erea Blanco
Xosé Manuel Puga, Rhut Reza, Luís Seara e Erea Blanco

O Grupo municipal do BNG trasladou esta proposta na Xunta de Portavoces celebrada esta mañá na Alcaldía ao considerar que “na proposta trasladada en lote figuran actuacións moi dispares entre si, nalgunhas coincidimos no tocante a súa necesidade mais hai outras coas que non concordamos”

A formación nacionalista arríncalle ao Alcalde o compromiso de implementar “canto antes” a gratuidade universal no Transporte público

O BNG reclama o fraccionamento da modificación de crédito de 25 millóns de euros proposta polo Goberno Local en varios expediente distintos

Ourense, 12 de setembro de 2025. 25.732.660,98 euros, esa é a cantidade total da proposta de modificación de crédito que o Goberno Local trasladou aos Grupos da Oposición nunha Xunta de Portavoces celebrada o pasado martes día 9 de setembro. Este venres, nunha nova xuntanza e logo de avaliar a proposta sen ter eso sí, acceso aínda aos expediente, o Grupo municipal do BNG trasladoulle ao Alcalde a reclamación de que dita modificación sexa fraccionada en tres, evitando polo tanto a súa votación en lote.

O Portavoz nacionalista Luís Seara entende que “estamos diante dunha proposta na que figuran actuacións importantes en materia de infraestruturas coas que podemos coincidir en canto a súa necesidade mais nesta modificación figuran tamén outros expedientes cos que non concordamos, sobor de todo, por como se xestionaron ao longo dos últimos anos“.

Este é o motivo polo cal desde o BNG, trasladáronlle ao Alcalde a proposta de dividir dita modificación de crédito en tres expedientes distintos. “Consideramos moito máis acaído poder debater e, especialmente, poder votar por separado cuestións que nada teñen que ver entre si. O Alcalde ten que comprender o noso posicionamento pois é o mesmo que el mantiña cando estaba na Oposición e denunciaba continuamente as modificacións en lote”.

No Grupo municipal do BNG consideran que “se o Alcalde ten verdadeira vontade de acadar consenso nesta modificación, non terá ningún problema en separala en varios expediente distintos”.

A proposta do BNG. Tres expediente de modificación de crédito.

A proposta trasladada polo BNG na Xunta de Portavoces divide o expediente proposto en tres. Un primeiro onde figuran todas as actuacións previstas en materia de infraestruturas e cuxo importe total ascende a 16.238.135.08 euros. Un segundo expediente que aglutine o subministro de colectores de lixo, a redacción do novo PEP-OU e a contratación da redacción da adaptación do PXOM e cuxo importe total asecende aos 3.824.100,61 euros e un terceiro expediente no que se contemple a execución das dúas sentenzas xudiciais propostas e cuxa contía total supoñen ás arcas municipais 5.670.425,29 euros dos cales 1.111.458,67 euros correspóndense con xuros de demora.

Gratuidade universal do transporte público.

O BNG aproveitou a reunión para solicitar un aprazamento da entrada en vigor do novo mapa de liñas e para reiterar a necesidade de abordar dita implementación con maior “rigor e seriedade” ao tempo, o Portavoz do BNG Luís Seara trasladou a necesidade de abordar de vez, a gratuidade universal no Servizo de transporte público, arrincándolle ao Rexedor o compromiso de “comezar a traballar xa na súa implementación á maior brevidade posible”.

 

O BNG reclama o fraccionamento da modificación de crédito de 25 millóns de euros proposta polo Goberno Local en varios expediente distintos